Ir o contido principal

Cruceiro de San Lázaro

Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Máis información sobre
Pontecesures

Rúa do Pilar
Pontecesures Pontevedra
España

Teléfono
Cruceiro de tipo “de Crucifixo" con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular con gran chafrán. O varal ten un arranque cuadrangular e recadrado con desenvolvemento octogonal. Ten distintas figuras como a de San Lázaro sobre unha peaña, unha persoa en actitude orante (posiblemente un enfermo), e os elementos da paixón; escada, coroa de espiñas, unha man, un martillo e tenazas, ademais hai unha espada e unha vieira. Ten un capitel troncopiramidal invertido moi ornamentado con catro anxos, un por cada lado e volutas esquemáticas. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados presentando no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe da piedade co Cristo en brazos. O cruceiro é todo de granito cun estado bo de conservación a pesares de faltarlle un anaquiño no brazo dereito da cruz pola parte do reverso. Este cruceiro do século XIV, formaba parte do conxunto da leprosería ou Malatería dos lacerados de San Xulián. A peza foi realizada baixo a advocación de San Lázaro. A principios de abril do ano 2008, este cruceiro é trasladado a ubicación actual polo risco que conlevaba ó estar o carón da N-550 e puidera ser destruído por algún accidente de algún vehículo. A Comisión Territorial do Patrimonio Histórico autorizaría o seu traslado no mes de xaneiro ó novo emprazamento deste monumento que é a entrada do cemiterio de San Xulián, moi perto da capela románica do século XII. Parece ser que pasou por varios emprazamentos ata que, coincidindo co Ano Santo de 1964 colocárono a beira da citada estrada nacional. Agora polo menos está a salvo de accidentes e máis perto do seu lugar orixinal
Máis información sobre
Pontecesures
Valora este recurso
Logo Camino de Santiago
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
S. XIV
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben