Ir o contido principal

Cruceiro del Adro de la iglesia de Santo Tomé

Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Máis información sobre
Caldas de Reis

36650 Caldas de Reis Pontevedra
España

Teléfono
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. Ten un varal historiado, cuadrangular no seu primeiro tercio e octogonal ata o capitel. Na parte cuadrangular e recadrada mostra as figuras da paixón: sable, tenaza, cravos, isopo, columna, galo, cántaro, man, coroa de espiñas, martelo, tralla, lanza e escaleira. Na parte oitavada e pola parte do anverso móstranos as figuras de Adán e Eva e enriba outra figura ¿? en sentido orante sobre un pedestal. Polo reverso do varal hai sobre un pedestal cun anxo debaixo, a Virxe Coroada coas mans pregando. O capitel é cuadrangular con ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten volutas, círculos cunha cruz dentro e querubíns. O astrágalo é octogonal do que sae unha figura vexetal en forma dun xérmolo. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza lixeiramente á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe enriba dun pedestal con forma de vieira, pregando e coas mans no peito
Máis información sobre
Caldas de Reis
Valora este recurso
Logo Camino de Santiago
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben