Cruceiro del Santísimo
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Pontevedra
Anceu (Santo André) Pontevedra
España
Teléfono
O cruceiro levántase sobre unha plataforma de dous banzos; o primeiro deles enterrado; en cima deles, un pedestal cúbico coas arestas superiores moi rebaixadas. Co sol pódense apreciar restos nun dos lados que hoxe resultan ilexibles.
A columna eseña tres tipos de seccións: cadrada no comezo, octogonal e despois do fuste é cilíndrica no extremo superior. Está revestida dunha fina capa de cemento, posta seguramente para cubrir a deterioración da pedra. O capitél é prismático, coas esquinas en chaflán e os lados curvos.
A cruz non é a orixinal do cruceiro, esta que ten agora priocede das Eiras, ao parecer do remate dun canastro, doada por un veciño dese lugar que reside en Anceu. É de sección rectangular, presenta no centro un rombo en substitución cun moldura lisa ao rededor.
O pousadoiro, de esquinas frontais arredondadas, sostense encima de dous pés moi robustos, recubertos con cemento
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Siglo XIX
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben