Ir o contido principal

Cruceiro e peto de ánimas da Lama

Máis información sobre
Crecente

A Lama, s/n
36830 Crecente Pontevedra
España

Teléfono
Conxunto formado por un cruceiro e un peto de ánimas situados ao carón da estrada PO-400 sobre unha plataforma feita en pedra. O cruceiro nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base octogonal da paso a un varal de sección cilíndrica. A continuación un capitel en forma de bola. O conxunto remata cunha cruz tipo latina na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI. O peto de ánimas está feito en pedra granítica. Posúe unha fornela con arco de meio punto e enreixado metálico. O retablo, de pedra policromada, representa a San Francisco que co seu longo cordón axuda a tres ánimas a saír das lapas do Purgatorio. Por debaixo da fornela vemos a caixa das esmolas e unha inscrición, nalgunhas partes ilexible, que di o seguinte: ” SANTAS Y RECEN UN PADRE NUESTRO Y UN AVE MARÍA POR LAS NECESIDADES. AÑO 1801″
Máis información sobre
Crecente
Valora este recurso

O tempo nesta zona

Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben