Ir o contido principal

Horno de O Cal

Ciudad máis próxima:

Vigo

Máis información sobre
Vilaboa

San Adrián de Cobres
36142 Vilaboa Pontevedra
España

O forno de cal de Cobres (ou caleira) é unha construcción de forma tronco- piramidal realizada en pedra do país finamente labrada. Acada os 7 mts de altura por 7,5 mts. de diámetro exterior na súa base, e vaise estreitando paulatinamente cara arriba ata rematar na súa parte superior nunha abertura circular de 2,5 mts. Na súa parte baixa frontal amosa uns saíntes cara afora chamados "brazos", debaixo dos cales atopamos unha porta de acceso cuberta por un arco de medio punto. Na parede Norte, amosa outra porta de acceso cuadrangular á que se accede mediante unha escalinata de pedra exterior de dous tramos. Exteriormente, semella unha especie de gran chimenea. No interior, dispuña dunha especie de "zapata" sobor da que se poñían as pedras calizas que posteriormente eran calcinadas mediante longos procesos de cocción. Estas pedras eran colocadas en "fiadas" que se ían estreitando cara arriba ata rematar nunha especie de falsa bóveda interior, pasando posteriormente a almacenar na parte baixa materiais combustíbeis ós que longo prendíaselles lume. Do proceso de "cocción" posterior obtíase a cal que logo era vendida e dirixida principalmente á industria da construcción. Destacar asimesmo o pequeno peirao de pedra que se atopa ó seu carón e que albergada as descargas das pedras calizas traídas en barcos e dos referidos materiais combustibles necesarios para o proceso de transformación. Constitúe un fenómeno único do patrimonio etnográfico galego tanto pola escaseza deste tipo de elementos coma pola fasquía e material empregado na súa construcción (pedra do país finamente labrada), única en todo o territorio galego.
Máis información sobre
Vilaboa
Valora este recurso

O tempo nesta zona

Taxa
Gratuito
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Con vistas panorámicas
Cronoloxía
S. XX
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben