Ir o contido principal

Jardín Botánico Enrique Valdés Bermejo

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Vilagarcía de Arousa

Rúa Valle-Inclán,1
36600 Vilagarcía de Arousa Pontevedra
España

Teléfono
Popularmente coñecido como Parque do Castriño, este pequeno parque semiurbano é o pulmón verde de Vilagarcía de Arousa. Este pequeno entorno natural exténdese ao longo de 12.000 metros cadrados, e a súa orixe remóntase aos anos trinta do século XX, cando os Duques de Terranova acordaron convertir parte dos seus terreos nun gran verxel, con variedades de especies exóticas que chegaban á vila dende diferentes puntos do planeta a través do porto. Toda esta riqueza botánica de Valdés Bermejo pasou desapercibida a ollos de moitos, visitantes e veciños, que descoñecen o autentico valor do entorno. Algúns dos exemplares de maior porte do xardín atópanse rexistrados coma únicos polo Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, en Pontevedra. A todo iso súmase o muiño de vento, zonas de descanso e un regato que dotan ao lugar dunha singular beleza e de gran encanto. Antes de ser rebautizado co sobrenome de Enrique Valdés Bermejo, este xardín botánico era popularmente coñecido como Parque do Castriño por ubicarse aos pés do monte onde se asenta o coñecido Castro Alobre, considerado a cuna da actual Vilagarcía de Arousa. O xardín debe o seu nome á figura de Enrique Valdés Bermejo (1945-1999) farmacéutico e botánico asturiano asentado en Vilagarcía de Arousa
Máis información sobre
Vilagarcía de Arousa
Valora este recurso
Logo Camino de Santiago

O tempo nesta zona

Tipoloxía
Xardín botánico
Corpo responsable
Concello de Vilagarcía de Arousa
Propiedade
Público
Dimensións
12.000 metros cuadrados
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Estado conservación
Ben