Mirador de Monte Galiñeiro
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
36640 Pontecesures Pontevedra
España
Teléfono
Miradoiro situado no monte Galiñeiro, a 1,5 km do centro de Pontecesures, desde o que se pode gozar dunha ampla perspectiva do val do río Ulla, cotemplar a confluencia do Ulla e o Sar na súa desembocadura e a comarca de Caldas. A área do miradoiro divídese en varias terrazas cunha área de merendeiro con mesas, bancos, grellas e especies arbóreas autóctonas coma os castiñeiros. No centro do miradoiro atópase unha columna cunha galiña no alto, que dá nome o miradoiro. Rodeando esta área esténdense montes rasos alternados con plantacións de piñeiros e eucaliptos. Actualmente necesita ser acondicionado, xa que a área do miradoiro está case cuberta pola maleza e ó tratarse dun lugar apartado foi obxecto de actos vandálicos nos últimos tempos
Valora este recurso
Corpo responsable
Concello de Pontecesures
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Con vistas panorámicas
Estado conservación
Ben