Naturnova Afundación
Pontevedra
Rúa Velázquez Moreno, 18
36202 Vigo Pontevedra
España
Centro interactivo de educación ambiental situado en pleno corazón de Vigo.
O seu principal obxectivo é fomentar o coñecemento do mundo que nos rodea e difundir a súa importancia para aprender a valoralo, respectalo e querelo. Permítelles ás e aos visitantes explorar moitos e variados temas dunha forma activa e lúdica. A información preséntase mediante imaxes virtuais, obxectos, olores, recreación de ambientes ou mapas para descubrir facilmente o noso mundo desde o global ata o máis próximo.
A visita comeza cunha inmersión para coñecer o mundo mariño a bordo dun simulador dun submarino, cunha proxección en 3D que mostra diferentes especies da ría de Vigo, co seu nome vulgar e científico.
Nas salas o percorrido comeza cunha visión do universo, a nosa galaxia e o sistema solar para introducirnos, a continuación, no noso planeta.
O tempo nesta zona