Pazo de Oca
Vilagarcía de Arousa
Santo Estevo de Oca
36685 A Estrada Pontevedra
España
Pazo construído nos s. XVII-XVIII e quizáis sexa o exemplo máis representativo da arquitectura pacega galega, un complexo destacable pola súa riqueza arquitectónica e botánica. Coñecido coma o Versalles Galego e declarado Monumento Histórico-Artístico, é un fiel reflexo da sociedade da época.
Dentro do conxunto hai que distinguir tres elementos principais: a igrexa-capela con dúas torres unidas ao pazo por un gran balcón de estilo barroco, o pazo do mesmo estilo no que destaca unha torre rectangular con ameas e varios escudos, e os xardíns formados por un conxunto de setos, balaustradas e pontes onde destacan dous grandes estanques cunha curiosa illa en forma de barca esculpida en pedra.
Comeza como propiedade da familia Suero de Oca, continúa coa familia Neira, os Gayoso e a casa Camarasa. Actualmente é propiedade do Duque de Segorbe, e xestionado pola Fundación Casa Ducal de Medinaceli.
O tempo nesta zona