Ir o contido principal

Peto de ánimas de Diego Cerviño

Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Máis información sobre
Pontevedra

O Pío. Bora (Santa Mariña)
36002 Pontevedra Pontevedra
España

Peto de ánimas situado nunha casa particular preto dunha ponte nova sobre o río Almofrei. Consta de dous corpos separados. No inferior vese un oco entre dúas columnas que serven de soporte a un frontón curvo. Na cornixa do frontón pódese ler o seguinte epígrafe: HERMS· DEBOTOS DE LAS BENDITAS ANIMAS DEL PVRSTº Pola faceta inferior do frontón vese o espírito santo en forma de pomba. No interior do oco hai un relevo con Cristo na Cruz e a ambas beiras dúas estrelas ou flores, debaixo delas están as imaxes de San Xoán e Santa María. Na parte inferior do relevo hai tres ánimas entre as lapas do purgatorio. A ánima do centro leva unha mitra. O corpo superior dispón de máis figuras. Na parte superior unha cuberta a dúas augas con forma circular na unión das dúas vertentes. Enriba delas hai dúas cabezas. Debaixo da cabeza, e flanqueadas por dous soldados con chacó (gorro militar en forma de cono truncado e viseira) e carabina con baioneta calada, unha custodia. Enriba desta un paxaro inscrito nun circulo; e debaixo, dúas mulleres en aptitude orante. Ademais, hai un epígrafe onde se cita ao doante e a data do peto de ánimas: AÑO DE 1851 FVE DEBOCION D. DIEGO CERVINO
Máis información sobre
Pontevedra
Valora este recurso
Pagar
Libre acceso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Siglo XIX
Estado conservación
Ben