Peto de ánimas de O Castelo
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Pontevedra
Ponte Caldelas (Santa Eulalia) Pontevedra
España
Teléfono
Peto de ánimas de tipo pechado composto por unha base de pedra granítica na que podemos ver un retablo en pedra coa imaxe de San Francisco no centro e dúas caras de anxos nos laterais. Un pouco máis abaixo aparecen un conxunto de cinco ánimas entre as lapas do Purgatorio.
O conxunto continúa cunha repisa feita en pedra que soporta a fornela con columnas aos lados co segundo retablo. Protexido por un enreixado de ferro, o retablo feito en madeira amosa a imaxe dun Santo sobre unha nube que colle ao Neno no colo, uns anxos aos lados e, na parte inferior tres ánimas entre as lapas, un deles coa mitra papal.
O peto remata cun teitume a dúas augas
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben