Ir o contido principal

Peto de ánimas de Vichocutín

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Cerdedo- Cotobade

Santo Estevo de Pedre, Cerdedo
Cerdedo Cotobade Pontevedra
España

Fermoso conxunto formado por un peto de ánimas e un cruceiro. A base confórmano o peto de tipo pechado e hoxe baleiro. Na parte superior da fornela,antes da súa cuberta a dúas augas, aparece unha praca feita en mármore coa seguinte inscrición: “EN EL AÑO DE 1905 SE HIZO ESTE CRUCERO POR RDEN DE MANUEL VECINO Y JOSE SIEIRO DONATIVO DE D. DOMINGO SIEIRO”. Sobre o peto podemos ver o cruceiro, de sección cilíndrica. O capitelten forma tronco-piramidal invertida e aparece decorado con volutas e unhas caras de anxos nas súas catro caras. Por último a cruz, de sección octogonal na que aparece as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña no reverso
Máis información sobre
Cerdedo- Cotobade
Valora este recurso

O tempo nesta zona

Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Siglo XX
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben