Romería Vikinga de Catoira
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Torres do Oeste, Santa Baia de Oeste
36612 Catoira Pontevedra
España
Teléfono
O primeiro domingo de agosto, desde 1961, celébrase a Romaría Viquinga, declarada Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2002. Nela, conmemóranse as incursións normandas do s. XII en territorio galego en busca dos tesouros composteláns e os enfrontamentos coa xente do lugar.
Unha multitude apíñase nas beiras e sobre a ponte, onde se unen a ría de Arousa e o río Ulla. A vila énchese ó longo da mañá de miles de visitantes que acoden a presenciar a espectacular chegada dun drakkar viquingo, como os que chegaron hai uns mil anos asaltando as aldeas destas costas, Os restos das vellas torres defensivas medievais, as Torres do Oeste, son o obxectivo dunha trintena de intrépidos bárbaros do norte coroados con cascos cornudos, que saltan a terra lanzando os seus máis feroces berros de guerra.
O desembarco viquingo e os enfrontamentos con armas en defensa das torres para deter a invasión son os actos centrais e teñen lugar ó mediodia. A romaría continúa durante todo o día con actos culturais, música e baile folclórico, mercado medieval, degustación de mexillóns, viño tinto e comida campestre. O día da festa as rúas e o paseo marítimo de Catoira están repletos de visitantes e viquingos desfarrapados e entregados á festa
Valora este recurso

O tempo nesta zona