Ir o contido principal

DESCUBRIR

Ruínas de Santa Mariña de Dozo

Avenida da Pastora, 79-81
36630 Cambados Pontevedra
España

O tempo nesta zona

Situada na saia do monte da Pastora, nas inmediacións dun antigo castro, atópanse os restos da antiga igrexa parroquial de Santa Mariña, patroa de Cambados. Sobre unha capela románica do s.XII, Lope Sánchez de Ulloa construíu a igrexa de Santa Mariña Dozo, que foi restaurada e ampliada pola súa filla María de Ulloa, nai de Alfonso III de Fonseca, a finais do s. XV. De estilo gótico mariñeiro, presenta tamén trazos renacentistas. Consta dunha soa nave dividida por catro arcos transversais románicos, cinco capelas laterais, sancristía e capela maior. No seu interior destaca a decoración con bólas sobre os arcos e capelas. Nun destes arcos está representado un dos sete pecados capitais. Nas capelas destacan as iconografías en relevo con escenas bíblicas, tales como a visitación, Cristo e os apóstolos, a expulsión do paraíso ou os pecados capitais. Foi  abandonada por motivos políticos e relixiosos no s. XIX, trasladando a igrexa parroquial á igrexa do extinguido convento de San Francisco. Dende entón utilizouse como cemiterio parroquial, e declarouse o terceiro monumento funerario máis importante de España pola prestixiosa Asociación de Cemiterios Significativos de Europa (ASCE)
Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Máis información sobre
Cambados

Valora este recurso
  • Imaxe
    Ruínas de Santa Mariña de Dozo
  • Imaxe
    RS96203_Ruinas_Sta.Maria_Dozo_2-lpr
  • Imaxe
    20130730013327_Arcos_de_Santa_Marina_Dozo
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Ben incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia
Estilo arquitectónico
Gótico
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Marítimo
Estado conservación
Ben