- Imaxe
Extraordinario areal localizado no flanco sur de Cabo Home que forma parte do Espazo Natural de Cabo Home-Barra-Costa da Vela. Atópase bordeada por bosques de piñeiros e eucaliptos, con diversos sendeiros e sistema dunar. Ten unhas magníficas vistas das Illas Cíes
- Imaxe
É unha praia resgardada, con forma de cuncha. Nas súas inmediacións atópanse os petróglifos de Mogor, nun pequeno outeiro desde o que se pode obter unha vista panorámica da ría e da illa de Tambo
- Imaxe
Praia resgardada entre dous saíntes rochosos que lle proporcionan un abrigo natural, protexida das correntes e con sistema dunar, e afectada polo espazo natural protexido de Cabo Home
- Imaxe
A beleza natural da paisaxe de Ponte Caldelas destaca, sobre todo, polo contorno do río Verdugo, que atravesa a vila e o municipio, cun denso arboledo nas súas marxes e que ó seu paso pola vila se remansa coas súas augas cristalinas. Cabe sinalar, ó longo da súa canle, distintos lugares especialment…
- Imaxe
Praia ubicada na enseada co mesmo nome. Este precioso areal, atópase respaldado por un complexo dunar e pinares, no que se pode practicar sendeirismo