- Imaxe
Rutas neste barco tradicional da pesca de cerco pola ría de Arousa con observación das bateas e da actividade pesqueira e de marisqueo. Tamén realiza rutas ás diversas illas do Parque Nacional Marítimo Terreste das Illas Atlánticas.
- Imaxe
Realiza visitas guiadas en catamarán pola ría de Arousa, visitando criaderos de mexillón, ostra e vieira. Ademais, o catamarán dispón de visión submarina para poder observar os fondos mariños.
- Imaxe
Rutas a bordo do pailebote Nostramo/Nieves, construÍdo en 1918 e restaurado recentemente, ata a illa de Salvora, con visita guiada pola mesma. Programas ambientais para escolares e de voluntariado ambiental. Tamén fan exposicións itinerantes a bordo, conferencias, etc.
- Imaxe
Rutas en catamarán pola ría de Arousa observando todas as vilas e illas que a rodean, visitando criadeiros de mexillón, ostra e vieira e observando os fondos mariños.
- Imaxe
Viaxes turísticas guiadas en catamarán de visión submarina pola ría de Arousa visitando as bateas onde se cultivan mexillóns, vieiras, etc. Tamén ofrece outros percorridos pola ría, visitas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, etc.
- Imaxe
Os servizos que se prestan son os seguintes: Viaxes á Illa de Ons saíndo dos portos de Bueu e Portonovo. Viaxes á Illa Cies saíndo do porto de Vigo. Para máis información pódese consultar a páxina web.