Ir o contido principal
15 de Outubro de 2025

A institución provincial participará no encontro a través da Rías Baixas Film Commission e están xa pechadas reunións con localizadores e produtores de HBO, Netflix, Paramount Pictures, Marvel ou Amazon Studios

Shooting Locations

A Deputación de Pontevedra avanza no seu obxectivo de espallar os múltiples atractivos turísticos da provincia. Nesta ocasión, a oferta de Rías Baixas como plató de cinema chegará ao Shooting Locations Marketplace, un encontro internacional da industria audiovisual que se celebra entre o 15 e o 16 de outubro na Feira de Valladolid co obxectivo de conectar destinos de rodaxes con profesionais do sector como localizadores, produtores e directores creativos.

A institución provincial participará no encontro a través da Rías Baixas Film Commission e están xa pechadas reunións con localizadores e produtores de empresas de relevancia internacional como HBO, Netflix, Paramount Pictures, Marvel ou Amazon Studios. A todas elas ofreceráselles a guía de rodaxe e presentaranse os lugares máis atractivos da provincia como destino apropiado para grandes producións audiovisuais. 

No Shooting Locations Marketplace a Deputación de Pontevedra pretende establecer contactos directos con localizadores, runners, produtores, estudios de produción, directores e outros perfís creativos e técnicos co obxectivo de atraer novos rodaxes e proxectos audiovisuais ao territorio. Tamén divulgará localizacións singulares e recursos técnicos ou institucionais dispoñibles para materializar estas producións e achegará o compromiso do organismo provincial coa industria cultural e audiovisual, así como co desenvolvemento económico a través do audiovisual. 

Volver a noticias