Más de 150 operadores nacionais coñeceron a oferta turística do destino.
A Deputación de Pontevedra pechou esta semana os obradoiros de turismo celebrados en Málaga e Madrid, os días 16 e 17 de outubro, cun balance moi positivo: leváronse a cabo preto de 1.700 reunións para promocionar as experiencias 100% Rías Baixas. Nestes eventos participaron máis de 150 operadores turísticos de ambas cidades, mentres que 29 empresas da provincia asistiron para presentar os seus servizos, acadando 740 reunións en Málaga e 950 en Madrid.
En Málaga, as empresas de Pontevedra atoparon unha gran acollida por parte das 63 entidades presentes no obradoiro, que mostraron un gran interese polos atractivos turísticos do destino, así como polos valores que fan das Rías Baixas un lugar único en comparación con outros destinos, ademais da súa oferta hoteleira, segundo sinalaron dende a Deputación. Pola súa banda, en Madrid, as preto de 90 empresas participantes xa tiñan un coñecemento máis profundo do destino Rías Baixas, mostrando intereses máis concretos na oferta turística da provincia.