Esta é unha das obras máis importantes de Jenaro de la Fuente na cidade, conservada no seu estado orixinal. De estilo ecléctico, o edificio conta cunha planta baixa e tres pisos.
Este faro acendeuse en abril de 1844 e serviu de iluminación para o porto e como guía para os buques que desembarcaban tripulantes ou pasaxeiras e pasaxeiros con graves infeccións no lazareto da illa de San Simón.
Está situado no atrio da igrexa de Valadares e forma un conxunto con outras dúas cruces máis pequenas; estes tres elementos constitúen o único “calvario” existente no concello de Vigo.