03

03.SABOREA A COMARCA DO BAIXO MIÑO

O SAGRADO NA NATUREZA E O CONTROL DA PAISAXE

O SAGRADO NA NATUREZA E O CONTROL DA PAISAXE

Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.

Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.

  • Día 1:
    • A GUARDA E O ROSAL

      • Atópase situado nunha antiga fortaleza defensiva de planta circular e mostra a estreita relación da Guarda coa cultura do mar, co patrimonio mariñeiro e coa tradición de pesca de baixura.

      • Poboado castrexo que controla a desembocadura do río Miño e cun período de ocupación desde o século IV a. n. e. ata o século I d. n. e., delimitado por unha muralla e con vivendas exentas, principalmente de planta circular ou ovalada. No museo exhíbese unha diversidade de obxectos recuperados como cerámicas, vidros, contas de colar, brazaletes…

      • Espazo natural protexido e considerado unha das zonas húmidas máis importantes da península ibérica. Nel coinciden o ecosistema fluvial e o mariño e é un punto importante na migración de aves, cunha gran diversidade de fauna e vexetación.

      • Trátase dun dos conxuntos arquitectónicos máis interesantes de casas indianas de Galicia. Estas casas de influencia americana, caracterizadas polo uso do azulexo e a forxa, son as vivendas dos antigos emigrantes a América retornados á súa localidade, na súa maioría edificadas entre a segunda metade do século XIX e principios do XX.

      • Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar no mes de xullo e na que se pode degustar a prezos populares lagosta á prancha ou cocida, xunto con outros produtos como percebes, luras, lagostinos, mexillóns, navallas, polbo… Para a sobremesa hai que probar a rosca de xema, doce tradicional da Guarda.

      • Centro etnográfico, situado na antiga Cámara Agraria do Rosal, que pon en valor os oficios tradicionais, entre eles o dos cabaqueiros, fabricantes de tellas e ladrillos que tiveron moita importancia grazas á abundancia de auga e de balsas de arxila nesta zona.

      • Conxunto de 60 muíños en fervenza dos séculos XVIII-XIX, situados na ladeira do monte Campo do Couto, algúns deles na vertente do río Folón e outros na vertente do río Picón. Mostran distintas tipoloxías, aínda que os máis habituais son os muíños de rodicio, con roda motriz horizontal, utilizados para a moenda de cereal, especialmente millo.

  • Día 2:
    • O ROSAL, TOMIÑO E TUI

      • Festa de Interese Turístico de Galicia, que ten lugar cada terceira fin de semana do mes de xullo, dedicada ao viño do Rosal, baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. As adegas expoñen os seus produtos e concursan nun certame de cata mentres que as e os visitantes poden degustar os diferentes viños, acompañados de produtos gastronómicos.

    • A elixir 1 das bodegas da Denominación de Orixe Rías Baixas da subzona do Rosal:
      • Percorrido de 7 quilómetros de lonxitude desde a praia das Eiras ata a zona recreativa do río Tamuxe. Con vistas ao esteiro do río Miño, atravesa bosques de ribeira, piñeirais, áreas de canas, xuncos e areais. Pásase por un serradoiro de vapor e polo muíño das Aceas.

      • Datada no século XVIII, a súa función principal era o control fluvial e a vixilancia da praia de Vila Nova de Cerveira. No interior edificouse unha polvoreira, unha capela, a casa do gobernador, a do capelán, almacéns, cuarteis, cortellos e pozos para a subministración de auga á guarnición.

      • Montes rochosos xunto á costa cubertos de matogueira baixa, con piñeiros e carballos nos vales. Esténdese polas poboacións de Tomiño, A Guarda, Oia, Baiona e Gondomar, con puntos coma o monte Lousado, o Alto da Grova ou A Pedra da Gata, que ofrecen vistas panorámicas de gran beleza.

      • Ponte deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo y Ágreda consistente nunha longa estrutura metálica en forma de caixón tipo celosía e inaugurado en 1886. Situado entre as poboacións de Tui (España) e Valença do Minho (Portugal), une as dúas marxes do río Miño, tanto para ferrocarril como para automóbiles.

      • Tui constitúe un singular e espectacular exemplo de urbe medieval, amurallada e situada nun outeiro coroado pola catedral de Santa María , desde onde parte un complexo labirinto de rúas asoportaladas, escaleiras e calellas. O seu legado suevo, visigodo e medieval emana dos seus monumentos, coma a catedral ou antigos conventos e igrexas.

      • Tui conserva un importante patrimonio asociado á comunidade xudía ou conversa que habitou na cidade, coma os “sambenitos" (Museo Diocesano de Tui), a Casa de Salomón, a menorá do claustro da catedral ou a existencia dunha sinagoga e unha carnicería xudía. A ruta está sinalizada e, ademais, o concello ofrece visitas guiadas gratuítas.

  • Día 3:
    • TUI

      • Situado no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos, de 1756, mostra obxectos arqueolóxicos e tamén unha destacable colección de arte sacra procedente da diocese de Tui-Vigo. O museo tamén exhibe obras pictóricas relevantes dos séculos XVII-XIX, así como os singulares “sambenitos”, grandes pezas de tea pintadas no século XVII.

      • No interior da catedral de Tui, concretamente na capela de santa Catalina, exponse o tesouro catedralicio, formado por obxectos e ornamentos litúrxicos, dos que destaca unha talla policromada da Virxe (de finais do século XIV ou inicios do XV) e unha custodia de asento realizada por Juan de Nápoles Mudarra en 1602. No claustro poden admirarse laudas ou sepulcros de época medieval.

      • É un conxunto monacal de clausura que se fundou en 1517 sobre unha abadía anterior de época medieval. A igrexa e o mosteiro que se conservan actualmente corresponden aos séculos XVII e XVIII, onde se fusionan o manierismo e o barroco portugués.

      • As augas termais de Caldelas de Tui sempre foron utilizadas pola veciñanza do lugar para bañarse. Con todo, foi en 1882 cando Antonio Oliver Rubio (1843-1900) descubriu as súas propiedades curativas e construíu, xunto a un grande hotel, un balneario para tratar problemas respiratorios, dermatolóxicos e do aparello locomotor.

      • Poboado da Idade do Ferro integrado no parque natural do monte Aloia, que domina e controla as terras de cultivo e o val. Estrutúrase en tres recintos delimitados por murallas, con unidades domésticas circulares no seu interior.

      • Percorre as beiras do río Miño, con agradables vistas ao río e á ponte internacional. Tamén se pode percorrer o río en barco ou en caiac.

      • Foi o primeiro Parque Natural de Galicia (1978), situado no límite sur da serra do Galiñeiro. O monte Aloia ofrece atractivas vistas ao val do río Miño. Dispón dunha rede de carreiros, miradoiros e merendeiros, ademais dun centro de interpretación na antiga casa forestal.