12

12.SABOREA A COMARCA DE DEZA

TERRAS DO INTERIOR

TERRAS DO INTERIOR

Atrévete a saborear a comarca de Deza, unha paisaxe de interior con extensas carballeiras e bosques de ribeira que conviven con castros, pazos, igrexas, mosteiros e pendellos. Descubrirás museos que conectan coa vida rural tradicional e que nos achegan á arqueoloxía, á arte e á gastronomía da comarca. Pasea por arquitecturas que nos trasladan séculos atrás e que nos falan de nobreza, relixión ou economía.

Atrévete a saborear a comarca de Deza nun percorrido que discorre polas localidades de Rodeiro, Dozón, Lalín, Silleda, Vila de Cruces e Agolada. De tradición gandeira e agrícola, Deza ofrece unha paisaxe con valores naturais e históricas moi relevantes. As extensas carballeiras ou os bosques de ribeira altérnanse con castros, pazos, igrexas, mosteiros e pendellos. Arquitecturas que nos trasladan ao pasado e que evocan nobreza, relixión ou economía do interior.

Museos que ilustran a vida rural tradicional, nos aproximan á arqueoloxía e á gastronomía da comarca, nos descobren a práctica da minería de wolframio en Fontao ou nos desvelan curiosidades, coma a dun sacerdote que, no século XIX, instalou un observatorio astronómico en Lalín.

Os pazos, cunha arquitectura señorial, manifestan a importancia da explotación agrícola e gandeira da comarca.

Os austeros mosteiros e igrexas son o testemuño do asentamento de comunidades relixiosas dedicadas a traballos agrícolas. Os pendellos, recintos que serviron de mercado, agora sen uso, foron animados lugares de encontro, e de compra e venda dos produtos do campo.

Completa a experiencia coa degustación da gastronomía desta terra, baseada en produtos do campo, dos montes e dos bosques, coma carnes, verduras, lácteos, viños, castañas ou mel. Destacan a carne da Bandeira e os queixos ecolóxicos da D. O. Arzúa-Ulloa, que son referencia nesta zona.

Mapa comarca
  • 1 - Rodeiro
  • 2 - Dozón
  • 3 - Lalín
  • 4 - Silleda
  • 5 - Vila de Cruces
  • 6 - Agolada

OUTROS PUNTOS DE INTERESE

  • Mosteiro de San Pedro de Vilanova (Dozón)

    Pertencente á orde benedictina, é unha construción do Románico tardío (séculos XII-XIII). A fachada é dunha gran sobriedade e no interior aprécianse detalles construtivos e unha cuberta de madeira.

  • Pendellos da Gouxa (Dozón)

    Conxunto de construcións do século XVIII que, desde a súa orixe, acollen feiras e mercados. A feira na Gouxa ten lugar os días 11 e 23 de cada mes, nela pódese degustar carne ao caldeiro e polbo.

    [+] INFO
  • Área de recreo da Finca Mouriscade (Lalín)

    Agradable contorno paisaxístico do río Asneiro, na parroquia de Vilanova, xunto a un conxunto de muíños de auga. Dispón de mesas e un alpendre para grellas.

    [+] INFO

ENCLAVES NATURAIS

  • Serra do Candán

    A máis de 1.000 metros de altitude, unha ruta sinalizada percorre grandes espazos abertos e extensas carballeiras. Na súa cima, un miradoiro ofrece unha espléndida panorámica do municipio de Silleda.

    [+] INFO
  • Sobreirais do Arnego

    Espazo natural característico do bosque atlántico con influencias mediterráneas. Pódense percorrer desde bosques de carballos e sobreiras e bosques de ribeira no leito do río Arnego ata unha praia fluvial en Ponte Vilariño.

    [+] INFO

CANDO QUERES SACIAR A TÚA FAME DE EXPERIENCIAS?

Todas as estacións do ano visten as nosas paisaxes de cores diferentes.

Descubre a variada oferta cultural e de ocio que che ofrecen As Rías Baixas