08.SABOREA A COMARCA DE PONTEVEDRA
UN TESOURO ARTÍSTICO
UN TESOURO ARTÍSTICO
Pasea por Pontevedra e rodéate de arte e de historia. As rúas e as prazas vístense de granito centenario, con casaróns de orixe medieval e igrexas que tapizan a cidade. Visita os seus interesantes museos e percorre os seus arredores, descubre pazos e mosteiros e segue a pegada de petróglifos en contornos naturais de grande beleza.
Achégate á comarca de Pontevedra, un tesouro artístico que comprende as poboacións de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Poio, Vilaboa, Ponte Caldelas e A Lama.
Pontevedra destila arte por todos os seus recunchos. As prazas e as rúas da cidade histórica remítennos a un pasado medieval no que o Camiño de Santiago constituíu un punto de encontro de primeira orde. O Museo Provincial de Pontevedra alberga coleccións arqueolóxicas, artísticas e etnográficas de gran valor e ofrécenos unha viaxe pola súa historia desde a Prehistoria.
A cidade de Pontevedra esconde aínda máis tesouros, coma os restos das antigas Torres Arzobispais, o mosteiro de San Salvador de Lérez ou a luxosa e residencial Finca de Lourizán. A comarca ademais conserva un importante patrimonio arqueolóxico, coma os conxuntos de gravados rupestres –petróglifos– da Idade do Bronce que balizan o territorio en Campo Lameiro, Tourón ou A Caeira. A ría de Pontevedra, con localidades coma Poio ou as parroquias de Combarro ou Samieira, ofrece unha interesante gastronomía e recunchos de gran interese natural e cultural. As súas rúas e praza, así como os xardíns dos pazos, castelos e mosteiros, convidan a descubrir a vistosidade das camelias e doutras flores.
- 1 - A Lama
- 2 - Ponte Caldelas
- 3 - Vilaboa
- 4 - Pontevedra
- 5 - Poio
- 6 - Barro
- 7 - Campo Lameiro
MUSEOS
-
Fundado en 1927, é a institución museística máis importante Pontevedra e un dos museos provinciais máis importantes de España. As súas coleccións, con máis de 16.000 obxectos, son dunha alta calidade e diversidade e abarcan desde a Prehistoria ata o século XX, ademais de obxectos etnográficos e de patrimonio naval. Toda unha viaxe pola historia e a cultura da provincia.

Está situado no subsolo, onde se achou o foso defensivo do pazo-fortaleza das Torres Arzobispais. Durante a súa visita pódese descubrir a escarpa e a contraescarpa da fortaleza, así como os alicerces dunha ponte levadiza. Nas escavacións arqueolóxicas recuperáronse 24 bólas de pedra utilizadas como proxectís de catapulta.
-
Coñecida como Casa da Cruz, está situada fronte ao estaleiro no que, segundo contan, foi construída unha das naves que partiu ás Indias en 1492: a Santa María, renomeada como A Galega. O museo conserva documentación que demostra a existencia dunha familia de navegantes apelidada Colón, así como a inscrición do cruceiro situado ao pé da casa: Juan Colón R ano 1490.
-
Área con varios conxuntos de petróglifos –gravados rupestres– que se complementa cun centro que divulga a importancia deste legado arqueolóxico e proporciona as claves para a súa posterior visita.
-
Destaca a igrexa que se levantou no século XVII, mestura de influencias clasicistas e barrocas. Acolle un retablo do século XVIII e o sepulcro de santa Trahamunda, moi venerada en Poio. A vista ao museo permite percorrer o antigo refectorio dos monxes e admirar unha colección de pintura e de libros en miniatura. Nos xardíns consérvase o hórreo de maior superficie de Galicia, construído no século XVIII.
-
Área arqueolóxica con sendeiros que percorren un dos conxuntos de petróglifos –gravados rupestres– máis importantes de Galicia, con motivos xeométricos e naturalistas. O centro de interpretación desvela os enigmas destas simbólicas manifestacións na pedra. No exterior pódese visitar unha reconstrución de cabanas, estruturas de almacenamento ou cercados para animais.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
-
Zona que reúne un conxunto de petróglifos, gravados rupestres ao aire libre, que se poden observar desde un sendeiro. Os gravados mostran cazoletas, combinacións circulares, motivos xeométricos e representacións zoomorfas.
MOMENTOS GASTRONóMICOS
-
Festa gastronómica que ten lugar no mes de maio e na que se poden degustar racións de codillo de porco estufado, con guarnición de patacas asadas, cenorias, chícharos e champiñóns.
-
Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en maio e á que acoden pescadoras e pescadores de toda España para participar nun concurso de pesca no río Verdugo. O evento acompáñase de degustacións de troitas preparada de distintas maneiras.
-
Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en marzo e na que se homenaxea este produto. Noméase aos cabaleiros e damas da Orde do Caldo e hai actuacións musicais e verbena.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
- Muíños da Barosa
Situados nun salto de auga do río Barosa, o conxunto está composto por 17 muíños hidráulicos construídos nunha forte pendente. A produción de fariña destinábase a abastecer o mosteiro compostelán de San Martiño Pinario. Dous muíños restaurados adecuáronse como espazos gastronómicos e ofrecen comida nun contorno extraordinario.
[+] INFO - Conxunto histórico-artístico de Combarro
Construído directamente sobre o granito moi preto do mar, representa a esencia da arquitectura e do urbanismo tradicional, con rúas sinuosas, hórreos, cruceiros e casas mariñeiras.
[+] INFO - Conxunto histórico artístico de Pontevedra
É un dos mellor conservados de España, con rúas asoportaladas que conducen a prazas de grande encanto. Paseando descóbrense antigos casaróns, o convento de San Domingos ou a basílica de Santa María A Maior, varias igrexas conventuais ou o santuario da Virxe Peregrina (1778), cuxa planta lembra ás cunchas de vieira.
[+] INFO - Finca de Lourizán
Finca do século XV que se converteu en residencial, de estilo romántico e con amplos xardíns. Nela habitou Eugenio Montero Ríos, presidente do Goberno no ano 1905. Dispón dun invernadoiro de estilo modernista, varias fontes, un hórreo de grandes dimensións, un muíño de auga e un lagar.
[+] INFO [+] INFO - Mosteiro de San Salvador de Lérez
Cartuxa beneditina fundada no século X aínda que ampliada e reformada ao longo da súa historia. Das súas fases máis antigas consérvanse a escaleira, o patio e parte do claustro. Destaca a fachada barroca da igrexa.
[+] INFO
ENCLAVES NATURAIS
- Illa das Esculturas (Pontevedra)
Preto do centro da cidade de Pontevedra e á beira do leito do río Lérez atópase unha illa na que conviven os valores naturais con obras escultóricas, realizadas principalmente con granito, de doce artistas de prestixio internacional.
[+] INFO - Salinas do Ulló (Vilaboa)
Situadas no en Paredes, a súa orixe remóntase ao século XVII, cando os xesuítas iniciaron a extracción de sal na zona. Hoxe son unhas marismas cunha gran diversidade de flora e fauna, e con agradables sendas para pasear. Consérvanse os vestixios da granxa das salinas, onde se aloxaban os traballadores e os propietarios da explotación.
[+] INFO -