08

08.SABOREA A COMARCA DE PONTEVEDRA

UN TESOURO ARTÍSTICO

UN TESOURO ARTÍSTICO

Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.

Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.

  • Día 1:
    • A LAMA, PONTE CALDELAS, VILABOA E PONTEVEDRA

      • Festa gastronómica que ten lugar no mes de maio e na que se poden degustar racións de codillo de porco estufado, con guarnición de patacas asadas, cenorias, chícharos e champiñóns.

      • Zona que reúne un conxunto de petróglifos, gravados rupestres ao aire libre, que se poden observar desde un sendeiro. Os gravados mostran cazoletas, combinacións circulares, motivos xeométricos e representacións zoomorfas.

      • Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en maio e á que acoden pescadoras e pescadores de toda España para participar nun concurso de pesca no río Verdugo. O evento acompáñase de degustacións de troitas preparada de distintas maneiras.

      • Situadas no barrio de Paredes, a súa orixe remóntase ao século XVII, cando os xesuítas iniciaron a extracción de sal na zona. Hoxe son unhas marismas cunha gran diversidade de flora e fauna, e con agradables sendas para pasear. Consérvanse os vestixios da granxa das salinas, onde se aloxaban os traballadores e os propietarios da explotación.

      • Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en marzo e na que se homenaxea este produto. Noméase aos cabaleiros e damas da Orde do Caldo e hai actuacións musicais e verbena.

      • É un dos mellor conservados de España, con rúas asoportaladas que conducen a prazas de grande encanto. Paseando descóbrense antigos casaróns, o convento de San Domingos ou a basílica de Santa María A Maior, varias igrexas conventuais ou o santuario da Virxe Peregrina (1778), cuxa planta lembra ás cunchas de vieira.

      • Finca do século XV que se converteu en residencial, de estilo romántico e con amplos xardíns. Nela habitou Eugenio Montero Ríos, presidente do Goberno no ano 1905. Dispón dun invernadoiro de estilo modernista, varias fontes, un hórreo de grandes dimensións, un muíño de auga e un lagar.

      • Cartuxa beneditina fundada no século X aínda que ampliada e reformada ao longo da súa historia. Das súas fases máis antigas consérvanse a escaleira, o patio e parte do claustro. Destaca a fachada barroca da igrexa.

      • Preto do centro da cidade de Pontevedra e á beira do leito do río Lérez atópase unha illa na que conviven os valores naturais con obras escultóricas, realizadas principalmente con granito, de doce artistas de prestixio internacional.

  • Día 2:
    • PONTEVEDRA

      • Fundado en 1927, é a institución museística máis importante Pontevedra e un dos museos provinciais máis importantes de España. As súas coleccións, con máis de 16.000 obxectos, son dunha alta calidade e diversidade e abarcan desde a Prehistoria ata o século XX, ademais de obxectos etnográficos e de patrimonio naval. Toda unha viaxe pola historia e a cultura da provincia. Está formado por seis edificios: Castro Monteagudo, García Flórez, Fernández López, Sarmiento, Ruínas de Santo Domingo e Sexto Edificio.

      • Está situado no subsolo, onde se achou o foso defensivo do pazo-fortaleza das Torres Arzobispais. Durante a súa visita pódese descubrir a escarpa e a contraescarpa da fortaleza, así como os alicerces dunha ponte levadiza. Nas escavacións arqueolóxicas recuperáronse 24 bólas de pedra utilizadas como proxectís de catapulta.

  • Día 3:
    • POIO, CAMPO LAMEIRO E BARRO

      • Coñecida como Casa da Cruz, está situada fronte ao estaleiro no que, segundo contan, foi construída unha das naves que partiu ás Indias en 1492: a Santa María, renomeada como A Galega. O museo conserva documentación que demostra a existencia dunha familia de navegantes apelidada Colón, así como a inscrición do cruceiro situado ao pé da casa: Juan Colón R ano 1490.

      • Área con varios conxuntos de petróglifos –gravados rupestres– que se complementa cun centro que divulga a importancia deste legado arqueolóxico e proporciona as claves para a súa posterior visita.

      • Destaca a igrexa que se levantou no século XVII, mestura de influencias clasicistas e barrocas. Acolle un retablo do século XVIII e o sepulcro de santa Trahamunda, moi venerada en Poio. A vista ao museo permite percorrer o antigo refectorio dos monxes e admirar unha colección de pintura e de libros en miniatura. Nos xardíns consérvase o hórreo de maior superficie de Galicia, construído no século XVIII.

      • Construído directamente sobre o granito moi preto do mar, representa a esencia da arquitectura e do urbanismo tradicional, con rúas sinuosas, hórreos, cruceiros e casas mariñeiras.

      • Área arqueolóxica con sendeiros que percorren un dos conxuntos de petróglifos –gravados rupestres– máis importantes de Galicia, con motivos xeométricos e naturalistas. O centro de interpretación desvela os enigmas destas simbólicas manifestacións na pedra. No exterior pódese visitar unha reconstrución de cabanas, estruturas de almacenamento ou cercados para animais.

      • Situados nun salto de auga do río Barosa, o conxunto está composto por 17 muíños hidráulicos construídos nunha forte pendente. A produción de fariña destinábase a abastecer o mosteiro compostelán de San Martiño Pinario. Dous muíños restaurados adecuáronse como espazos gastronómicos e ofrecen comida nun contorno extraordinario.