02

02.SABOREA A COMARCA DO CONDADO

TERRA DE FRONTEIRAS, AUGA E HISTORIA

TERRA DE FRONTEIRAS, AUGA E HISTORIA

Viaxa a través do val do río Tea e dos seus afluentes e coñece grazas aos seus museos e ás súas paisaxes a historia e a tradición desta terra. Descubrirás os perdurables petróglifos, castros ou impoñentes castelos que dominan e controlan o territorio. Sorprenderante tradicións que se mantiveron, coma a singular pesca da lamprea, os centenarios balnearios de augas curativas ou os excelentes viños da terra.

Descubre a comarca do Condado, que discorre polas localidades das Neves, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz e Mondariz-Balneario. Percorre o val do río Tea e os seus afluentes e coñece, a través dos seus museos e das súas paisaxes, a historia e a tradición desta terra.

Os petróglifos –gravados rupestres ao aire libre– salpican a paisaxe e son o testemuño das crenzas das comunidades da Idade do Bronce e do control do territorio, coma séculos máis tarde o foron os monumentais castros da Idade do Ferro, situados en lugares de dominio visual, ou os castelos medievais, que defenderon antigas fronteiras e que brindan imaxes tan emblemáticas coma a do impoñente castelo de Sobroso.

O río Tea e os seus afluentes nacen bravos nos montes e as súas augas moveron antigos muíños que aínda subsisten en paraxes naturais dunha gran beleza. Ríos que tamén levan vida á comarca, desde a tradición da pesca da lamprea á fertilidade de hortas e viñedos cos que se elaboran excelentes viños.

Terra e auga mestúranse para crear mananciais que, desde a Antigüidade, persisten como lugares de saúde, repouso e goce. Baños termais en balnearios centenarios, coma o de Mondariz, convídannos a conciliar natureza, tradición e saúde nun contorno incomparable.

Mapa comarca
  • 1 - Ponteareas
  • 2 - Mondariz - Balneario
  • 3 - Mondariz
  • 4 - As Neves
  • 5 - Salvaterra do Miño

OUTROS PUNTOS DE INTERESE

  • Xacementos de Couto do Conde e de Portomaior

    Unha paisaxe salpicada de afloramentos de granito onde os homes e as mulleres do Neolítico e da Idade do Bronce expresaron as súas crenzas e, probablemente, marcaron o seu territorio, mediante o gravado de figuras zoomorfas, espirais ou motivos reticulares.

    [+] INFO
  • Xacemento de Altamira

    A situación deste castro fai que sexa visible desde calquera punto do val do río Tea, e ten por ese motivo unha grande visibilidade sobre a zona circundante. Ademais desta importancia estratéxica fixéronse neste castro importantes descubrimentos de materiais, entre os que destacan algunhas figuras de bronce romanas.

    [+] INFO
  • Igrexa da parroquia de Santa María de Taboexa

    Construíuse a partir do ano 1544 sobre un templo románico e conserva elementos arquitectónicos de varios estilos, coma renacentista e barroco. O santuario, rodeado dunha cerca cun Vía Crucis, conserva xunto a el o cemiterio parroquial.

    [+] INFO
  • Termas de Salvaterra

    Están situadas nunha ampla paraxe natural, contan con varias pozas termais ao aire libre e serán as termas públicas máis grandes de Galicia. Recuperáronse unhas antigas termas recoñecidas polas propiedades curativas do manancial de Teáns.

  • Petróglifos de Gargamala

    Afloramientos graníticos con petróglifos, realizados hai 4.000 anos, con deseños cruciformes, zoomorfos, círculos concéntricos, figuras humanas…

MOMENTOS GASTRONóMICOS

  • Rosquillas de Ponteareas

    As rosquillas de Ponteareas son un dos produtos gastronómicos con maior reputación da localidade. Habitualmente son de follado e moi crocantes.

CANDO QUERES SACIAR A TÚA FAME DE EXPERIENCIAS?

Todas as estacións do ano visten as nosas paisaxes de cores diferentes.

Descubre a variada oferta cultural e de ocio que che ofrecen As Rías Baixas