05

05.SABOREA VIGO

ARTE E CIDADE

ARTE E CIDADE

Vigo, unha cidade dinámica na que conviven a tradición mariñeira e a actividade industrial e comercial, convídate a esculcar a súa diversa oferta cultural. Explora a cidade, pasea polas súas rúas e prazas, algunhas tranquilas e outras cheas de vida, e goza da súa arquitectura e dos seus museos, que che ofrecen desde as obras máis vangardistas ata os obxectos máis tradicionais. En definitiva, descubre un verdadeiro mosaico cultural ao alcance da túa man.

Durante a túa estancia en Vigo saborea a cultura e a arte dunha cidade aberta, activa e atractiva. Vigo fusiona a tradición mariñeira co seu presente máis transformador, baseado na industria, na importancia do tráfico marítimo do seu activo porto e na actividade comercial. No ámbito da cultura Vigo tamén fai compatible a convivencia entre a súa tradición e a creación artística contemporánea.

Apaixónate coa arte e visita museos como o MARCO, un escaparate das creacións artísticas máis vangardistas, ou o Museo Municipal de Vigo Quiñones de Léon, que, situado nun antigo pazo, te achega á historia da cidade e mostra unha espléndida colección artística dos séculos XVII e XVIII. Empápate da cultura galega na Fundación Laxeiro, que presenta un excelente percorrido pola arte galega do século XX, e visita o Museo Etnográfico Liste, que te achega á esencia da vida tradicional galega.

Non deixes de perderte pola cidade para descubrir desde palacetes medievais ou renacentistas ata emblemáticos edificios construídos durante a segunda metade do século XIX, un período de gran prosperidade económica. Busca a brisa mariña e pasea preto da ría, navega entre bateas de mexillóns ou visita barrios de esencia mariñeira.

Mapa comarca
  • 1- Vigo

OUTROS PUNTOS DE INTERESE

MOMENTOS GASTRONóMICOS

  • A lonxa de Vigo (Vigo)

    Baixo petición e para grupos ofrécese a posibilidade de visitar a lonxa de Vigo e seguir en directo a poxa de peixe fresco.

  • Degustación de ostras (Vigo)

    Como o seu nome indica, na rúa das ostras diversos establecementos ofrecen este molusco ao natural.

  • Antigo barrio mariñeiro do Berbés (Vigo)

    Barrio de tradición mariñeira onde en orixe se situaban os varadoiros e os almacéns para gardar as embarcacións ou os apeiros de pesca. Posteriormente ocupárono casas de mariñeiros. Nas pequenas prazas e soportais outrora realizábanse os labores relacionados coa pesca.

    [+] INFO

CANDO QUERES SACIAR A TÚA FAME DE EXPERIENCIAS?

Todas as estacións do ano visten as nosas paisaxes de cores diferentes.

Descubre a variada oferta cultural e de ocio que che ofrecen As Rías Baixas