05

05.SABOREA VIGO

ARTE E CIDADE

ARTE E CIDADE

Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.

Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.

  • Día 1:
    • VIGO

      • Situado no contorno da praia de Samil, é un museo interactivo que trata todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana; deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar de xeito activo nos elementos expositivos.

      • Proxectado polo arquitecto Jenaro de la Fuente, foi inaugurado no ano 1898. Ten unha planta rectangular, con corredores que debuxan 16 zonas e uns amplos xardíns con 14 especies de árbores. Ostentosos panteóns nos que repousan personaxes ilustres da cidade conviven con sinxelos sepulcros, algúns anónimos.

      • Situado no centro e no punto máis elevado da cidade de Vigo, é un miradoiro excepcional á cidade e á ría, rodeado dun frondoso xardín. Conserva os restos dun poboado castrexo datado entre os séculos III e I a. n. e.

      • O museo, que expón a colección do etnógrafo Olimpio Liste Regueiro, ofrece unha visión do patrimonio etnográfico galego a través de máis de 2.000 pezas que nos achegan aos traballos artesanais, aos oficios desaparecidos, ás tarefas do campo, á relixión ou á medicina popular.

      • Conserva e expón a colección que o pintor Xosé Otero Abeledo (1908-1996), coñecido como Laxeiro, lle doou á cidade de Vigo. A súa obra, representativa do Movemento Renovador da Arte Galega, mostra un percorrido cronolóxico pola pintura galega do século XX. A fundación tamén organiza exposicións temporais.

      • Palacete urbano do século XV, considerado o edificio máis antigo conservado na cidade. De estilo gótico tardío, presenta un aspecto de torre medieval. Destacan os linteles das xanelas, as gárgolas de pedra e os escudos de armas.

      • O museo presenta unha oferta e unha programación multidisciplinar e acolle todos os formatos artísticos actuais (artes plásticas, arquitectura, vídeo, deseño e cinema). Un atractivo máis da visita reside na remodelación do propio edificio, que foi cárcere e sede dos xulgados de Vigo.

  • Día 2:
    • VIGO

      A elixir:
      Opción 1: Un día enteiro en….
      • O arquipélago de Cíes, situado na boca da ría de Vigo, está formado por tres illas montañosas de gran valor ecolóxico: Monteagudo, O Faro e San Martiño. Representa un excelente observatorio de fauna e flora.

    • Opción 2: Visitando os seguintes recursos na cidade de Vigo
      • Baixo petición e para grupos ofrécese a posibilidade de visitar a lonxa de Vigo e seguir en directo a poxa de peixe fresco.

      • O núcleo histórico de Vigo presenta grandes atractivos. A súa orixe arrinca dunha pequena aldea que se converteu nunha gran cidade grazas á industrialización. O itinerario máis atraente parte da Porta do Sol e percorre a arquitectura ecléctica das rúas Urzáiz, Colón, Príncipe, Areal ou Policarpo Sanz. Tamén destacan o edificio Bonín, de Jenaro de la Fuente, e o Teatro García Barbón, de Antonio Palacios. Recoméndase visitar a praza da Constitución e non deixar de ver a zona antiga, pasando pola rúa dos cestos e a concatedral de Santa María.

      • Palacete urbano anexo á Casa de Ceta, que foi edificado no século XVI seguindo o estilo renacentista plateresco. Predominan o balcón sobre un apoio de molduras, as gárgolas, o escudo nobiliario e os arcos decorados das ventás.

      • Edificado por Jenaro de la Fuente y Domínguez para Manuel Bárcena Franco entre 1879 y 1884, de granito e de estilo ecléctico, é un dos edificios máis representativos da cidade. As súas salas de exposicións acollen, segundo os expertos, a mellor colección de arte galega do mundo.

      • Entidade creada en 1966 por Pedro Barrié da Maza para a mellora das condicións económicas e sociais de Galicia. Está situada no antigo edificio do Banco de Vigo, proxectado polo arquitecto Manuel Gómez Román e construído entre 1919 e 1923. Entre outros proxectos, organiza exposicións, seminarios e concertos.

      • O museo, aberto desde o ano 1937, ocupa un antigo pazo rodeado de xardíns con magníficas camelias. Respírase o ambiente da antiga residencia coa exhibición de obras de pintura europea dos séculos XVII e XVIII e, nun edificio anexo, os obxectos trazan a historia de Vigo e da súa comarca desde a Prehistoria ata a Idade Media. Tamén se pode visitar a espléndida sección de pintura e escultura galegas desde finais do século XIX ata a actualidade.

      • Barrio de tradición mariñeira onde en orixe se situaban os varadoiros e os almacéns para gardar as embarcacións ou os apeiros de pesca. Posteriormente ocupárono casas de mariñeiros. Nas pequenas prazas e soportais outrora realizábanse os labores relacionados coa pesca.

      • Como o seu nome indica, na rúa das ostras diversos establecementos ofrecen este molusco ao natural.