01

01.SABOREA A COMARCA DA PARADANTA

VIÑO E LAMPREA

VIÑO E LAMPREA

Saborea unha paisaxe con altos montes, vales tranquilos e ríos que culminan o seu percorrido no Miño. Unha terra fértil na que os seus habitantes mantiveron costumes e actividades moi vinculadas á natureza, coma a pesca da lamprea, o cultivo da viña, a explotación da madeira dos bosques ou a transformación da cera das abellas.

Convidámoste a revivir a tradición percorrendo as localidades de Arbo, Crecente, A Cañiza e Covelo.

Os montes da Paradanta danlle nome a unha comarca de terras altas nas que nacen ríos e abundantes regatos que debuxan pequenos vales e que culminan o seu percorrido no Miño. En Arbo aínda se conserva a arte da pesca da lamprea grazas á tradición e ás antigas pesqueiras, construcións no río que servían para a súa captura. A comarca tamén ten unha arraigada tradición vitivinícola que, actualmente, está en auxe coa mellora do viñedo. É de obrigada visita o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, que divulga a tradición e a historia destes dous produtos representativos da localidade e, por extensión, da comarca.

A Paradanta tamén brinda a posibilidade de descubrir outras actividades tradicionais, coma a elaboración e transformación da cera das abellas, que se realizaba en obradoiros artesanais, ou a industria da madeira extraída dos seus bosques. O goce das paraxes naturais, mediante o sendeirismo ou outros deportes, é un estímulo para os sentidos que aconsellamos culminar coa degustación dos produtos emblemáticos, como a lamprea á bordelesa e o xamón da Cañiza maridados cun bo viño da terra.

Mapa comarca
  • 1 - Crecente
  • 2 - Arbo
  • 3 - A Cañiza
  • 4 - Covelo

CANDO QUERES SACIAR A TÚA FAME DE EXPERIENCIAS?

Todas as estacións do ano visten as nosas paisaxes de cores diferentes.

Descubre a variada oferta cultural e de ocio que che ofrecen As Rías Baixas