PROVINCIA DE PONTEVEDRA, AS RÍAS BAIXAS
SABOREA OS SEUS MUSEOS, PASEA POLA SÚA GASTRONOMÍA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
AS RÍAS BAIXAS
SABOREA OS SEUS MUSEOS, PASEA POLA SÚA GASTRONOMÍA
AS RÍAS BAIXAS
Atrévete a vivir novas experiencias a través de doce rutas. Emprenderás unha viaxe cara ao máis esencial da provincia de Pontevedra: a súa historia, a súa cultura, a súa paisaxe e a súa gastronomía.
As Rías Baixas son sinónimo de cultura e gastronomía. Na provincia de Pontevedra cada localidade ofrécelle algo único e singular á ou ao visitante. Recomendámosche percorrer as distintas comarcas de Pontevedra da man destas doce rutas para descubrir a súa historia, a súa cultura e a súa gastronomía a través dos museos. En cada ruta descubrirás unha gran diversidade de paisaxes repletas de historias, nas que a beleza natural de praias, bosques ou montañas harmoniza cun rico patrimonio e con museos que desvelan os segredos desta terra.
-
01Viño e lamprea – A Paradanta
-
02Terra de fronteiras, auga e historia – O Condado
-
03O sagrado na natureza e o control da paisaxe - O Baixo Miño
-
04Puro Atlántico - O Baixo Miño e Vigo
-
05Arte e cidade – Vigo
-
06Un mar de historias – Vigo
-
07Entre o mar e a terra – O Morrazo
-
08Un tesouro artístico – Pontevedra
-
09Do mar e do viño – O Salnés
-
10Entre ríos e mananciais – Caldas
-
11O campo, un mundo de riquezas – Tabeirós-Terra de Montes e Pontevedra
-
12Terras do interior – Deza
CANDO QUERES SACIAR A TÚA FAME DE EXPERIENCIAS?
Todas as estacións do ano visten as nosas paisaxes de cores diferentes.
Descubre a variada oferta cultural e de ocio que che ofrecen As Rías Baixas