03.SABOREA A COMARCA DO BAIXO MIÑO
O SAGRADO NA NATUREZA E O CONTROL DA PAISAXE
O SAGRADO NA NATUREZA E O CONTROL DA PAISAXE
Saborea unha comarca chea de contrastes na que o Miño e o Atlántico debuxan paisaxes diversas: desde as altas montañas da Grova e O Galiñeiro, os ríos que regan as terras ata o sosegado esteiro que conecta a terra coa inmensidade oceánica. O Miño actúa de fronteira natural entre Portugal e a cidade de Tui, que, desde a antigüidade, eríxese como urbe estratéxica, sede episcopal e que atesoura un valioso patrimonio relixioso.
Viaxa polas localidades do Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui e descubre a autenticidade e a identidade do Baixo Miño, moi vinculado ao mar e ao río Miño. Un territorio estratéxico desde a Prehistoria, como evidencia a citania de Santa Trega, que dominou a desembocadura do río Miño nas épocas castrexa e romana, ou os castelos situados en emprazamentos esenciais para o control fluvial.
Pero quizais un dos lugares con máis historia do Baixo Miño sexa a cidade de Tui, convertida en época romana en importante núcleo urbano e nó de comunicación, como evidencia o paso da Vía XIX romana, que finalizaba en Braga (Portugal) cruzando o Miño. Esta comunicación persistiu coa coñecida ponte internacional, que une as dúas marxes do río e, en consecuencia, establece unha comunicación inalterable entre a cidade e o país luso. Tui é, ademais, un tesouro artístico e monumental que emana relixiosidade: sede episcopal, que, coa súa catedral e as importantes coleccións de arte sacra, manifesta o poder eclesiástico, pero tamén reflicte a sobriedade relixiosa con austeros mosteiros, conventos ou igrexas en escondidas rúas e calellas da zona antiga.
Os vínculos entre o mar e o campo están moi presentes na comarca, como demostra o Museo do Mar ou as salinas romanas da Guarda, que reivindica o seu patrimonio mariñeiro, ou os museos etnográficos e os muíños, herdanzas da explotación campesiña nos fértiles vales.
- 1 - Tui
- 2 - Tomiño
- 3 - O Rosal
- 4 - A Guarda
MUSEOS
-
Atópase situado nunha antiga fortaleza defensiva de planta circular e mostra a estreita relación da Guarda coa cultura do mar, co patrimonio mariñeiro e coa tradición de pesca de baixura.
-
Poboado castrexo que controla a desembocadura do río Miño e cun período de ocupación desde o século IV a. n. e. ata o século I d. n. e., delimitado por unha muralla e con vivendas exentas, principalmente de planta circular ou ovalada. No museo exhíbese unha diversidade de obxectos recuperados como cerámicas, vidros, contas de colar, brazaletes…
-
Centro etnográfico, situado na antiga Cámara Agraria do Rosal, que pon en valor os oficios tradicionais, entre eles o dos cabaqueiros, fabricantes de tellas e ladrillos que tiveron moita importancia grazas á abundancia de auga e de balsas de arxila nesta zona.
-
Situado no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos, de 1756, mostra obxectos arqueolóxicos e tamén unha destacable colección de arte sacra procedente da diocese de Tui-Vigo. O museo tamén exhibe obras pictóricas relevantes dos séculos XVII-XIX, así como os singulares “sambenitos”, grandes pezas de tea pintadas no século XVII.
-
No interior da catedral de Tui, concretamente na capela de santa Catarina, exponse o tesouro catedralicio, formado por obxectos e ornamentos litúrxicos, dos que destaca unha talla policromada da Virxe (de finais do século XIV ou inicios do XV) e unha custodia de asento realizada por Juan de Nápoles Mudarra en 1602. No claustro poden admirarse laudas ou sepulcros de época medieval.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
-
Conxunto de 60 muíños en fervenza dos séculos XVIII-XIX, situados na ladeira do monte Campo do Couto, algúns deles na vertente do río Folón e outros na vertente do río Picón. Mostran distintas tipoloxías, aínda que os máis habituais son os muíños de rodicio, con roda motriz horizontal, utilizados para a moenda de cereal, especialmente millo.
-
Datada no século XVIII, a súa función principal era o control fluvial e a vixilancia da praia de Vila Nova de Cerveira. No interior edificouse unha polvoreira, unha capela, a casa do gobernador, a do capelán, almacéns, cuarteis, cortellos e pozos para a subministración de auga á guarnición.
-
Ponte deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo y Ágreda consistente nunha longa estrutura metálica en forma de caixón tipo celosía e inaugurado en 1886. Situado entre as poboacións de Tui (España) e Valença do Minho (Portugal), une as dúas marxes do río Miño, tanto para ferrocarril como para automóbiles.
-
Tui constitúe un singular e espectacular exemplo de urbe medieval, amurallada e situada nun outeiro coroado pola catedral de Santa María , desde onde parte un complexo labirinto de rúas asoportaladas, escaleiras e calellas. O seu legado suevo, visigodo e medieval emana dos seus monumentos, coma a catedral ou antigos conventos e igrexas.
MOMENTOS GASTRONóMICOS
-
Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar no mes de xullo e na que se pode degustar a prezos populares lagosta á prancha ou cocida, xunto con outros produtos como percebes, luras, lagostinos, mexillóns, navallas, polbo… Para a sobremesa hai que probar a rosca de xema, doce tradicional da Guarda.
-
Festa de Interese Turístico de Galicia, que ten lugar cada terceira fin de semana do mes de xullo, dedicada ao viño do Rosal, baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. As adegas expoñen os seus produtos e concursan nun certame de cata mentres que as e os visitantes poden degustar os diferentes viños, acompañados de produtos gastronómicos.
Algunhas das adegas onde poderás degustar os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas da subzona do Rosal son:
Terras Gauda
Estrada Tui-A Guarda, km 55, 36760 O Rosal.
Tel.: +34 986 621 001
[+] INFO
Lagar de Fornelos
Estrada de Loureza, 86, 36770 O Rosal
[+] INFO
Adegas Valmiñor
A Portela, s/n, 36760 O Rosal
[+] INFO
ENCLAVES NATURAIS
-
Espazo natural protexido e considerado unha das zonas húmidas máis importantes da península ibérica. Nel coinciden o ecosistema fluvial e o mariño e é un punto importante na migración de aves, cunha gran diversidade de fauna e vexetación.
-
Montes rochosos xunto á costa cubertos de matogueira baixa, con piñeiros e carballos nos vales. Esténdese polas poboacións de Tomiño, A Guarda, Oia, Baiona e Gondomar, con puntos coma o monte Lousado, o Alto da Grova ou A Pedra da Gata, que ofrecen vistas panorámicas de gran beleza.
-
Percorre as beiras do río Miño, con agradables vistas ao río e á ponte internacional. Tamén se pode percorrer o río en barco ou en caiac.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
- Castro de Alto dos Cubos
Poboado da Idade do Ferro integrado no parque natural do monte Aloia, que domina e controla as terras de cultivo e o val. Estrutúrase en tres recintos delimitados por murallas, con unidades domésticas circulares no seu interior.
[+] INFO - Convento das Clarisas – Monxas Encerradas
É un conxunto monacal de clausura que se fundou en 1517 sobre unha abadía anterior de época medieval. A igrexa e o mosteiro que se conservan actualmente corresponden aos séculos XVII e XVIII, onde se fusionan o manierismo e o barroco portugués.
- Ruta xudía por Tui
Tui conserva un importante patrimonio asociado á comunidade xudía ou conversa que habitou na cidade, coma os “ambenitos (Museo Diocesano de Tui), a Casa de Salomón, a menorá do claustro da catedral ou a existencia dunha sinagoga e unha carnicería xudía. A ruta está sinalizada e, ademais, o concello ofrece visitas guiadas gratuítas.
[+] INFO - Balneario de Caldelas de Tui
As augas termais de Caldelas de Tui sempre foron utilizadas pola veciñanza do lugar para bañarse. Con todo, foi en 1882 cando Antonio Oliver Rubio (1843-1900) descubriu as súas propiedades curativas e construíu, xunto a un grande hotel, un balneario para tratar problemas respiratorios, dermatolóxicos e do aparello locomotor.
[+] INFO - Ruta das casas indianas (A Guarda)
Trátase dun dos conxuntos arquitectónicos máis interesantes de casas indianas de Galicia. Estas casas de influencia americana, caracterizadas polo uso do azulexo e a forxa, son as vivendas dos antigos emigrantes a América retornados á súa localidade, na súa maioría edificadas entre a segunda metade do século XIX e principios do XX.
[+] INFO
MOMENTOS GASTRONóMICOS
- Lonxa da Guarda
Está situada no peirao e pode visitarse os días laborais pola tarde cando chegan as capturas de todo tipo de peixe e marisco. Durante a tempada tamén se pode atopar lamprea.
ENCLAVES NATURAIS
- Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe (PR-G112)
Percorrido de 7 quilómetros de lonxitude desde a praia das Eiras ata a zona recreativa do río Tamuxe. Con vistas ao esteiro do río Miño, atravesa bosques de ribeira, piñeirais, áreas de canas, xuncos e areais. Pásase por un serradoiro de vapor e polo muíño das Aceas.
[+] INFO