04.SABOREA AS COMARCAS DO BAIXO MIÑO E VIGO
PURO ATLÁNTICO
PURO ATLÁNTICO
Descubre a brisa, o aroma e a historia da ría de Vigo: puro atlántico no que a singular paisaxe natural se fusiona coa presenza de castros, mosteiros ou castelos que vixiaron e protexeron o lugar de ameazas descoñecidas que chegaban do océano.
A ría de Vigo foi tamén escenario do activo comercio marítimo, especialmente estratéxico nas rutas entre Europa e América, así como unha baía en calma, ideal para o cultivo de moluscos.
Mergúllate no puro Atlántico percorrendo as poboacións de Oia, Nigrán, Baiona e Redondela. A ría de Vigo é un anaco de Atlántico que entra na terra e crea recunchos, enseadas, baías e fondeadoiros. É un paraíso natural, con fermosas illas coma as Cíes, un espazo de alto valor ecolóxico con augas cristalinas e praias de area fina que, grazas ás súas montañas, protexe a ría das furiosas tormentas atlánticas. A calma marítima da ría favorece a instalación de bateas para a produción de mexillóns e outros mariscos, un tesouro gastronómico que marida á perfección cos excelentes viños da D. O. Rías Baixas.
A ría de Vigo tamén está repleta de historias. A súa posición estratéxica motivou que a vixilancia do litoral fose un labor imprescindible na Idade do Ferro, co establecemento de castros aliñados e estratexicamente situados na liña de costa, e tamén en épocas máis recentes, coa construción do castelo de Monterreal, que protexe a entrada á ría, ou do mosteiro de Oia, un cenobio fortificado xunto ao mar.
Ademais, o océano Atlántico foi o camiño de retorno de arriscadas expedicións e de valentes mariñeiros. Testemuño diso é a Casa da Navegación, en Baiona, que relata feitos históricos tan relevantes coma o de ser o primeiro lugar europeo que recibiu a noticia do Descubrimento de América. A ría foi tamén porta de entrada de saqueos ou invasións, coma a famosa batalla naval de Rande en 1702, na que unha expedición anglo-holandesa saqueou a ría de Vigo.
- 1 - Redondela
- 2 - Nigrán
- 3 - Baiona
- 4 - Oia
MUSEOS
-
Situada na Casa Carvajal, mostra a evolución histórica, urbana e social da Real Vila de Baiona, así coma o protagonismo do seu porto nas rutas de navegación atlántica. Unha das pezas expostas de máis interese é a reprodución da carabela Pinta, que, no ano 1493, chegou ao porto de Baiona procedente de América.
-
Réplica da embarcación que permanece amarrada no porto de Baiona. No seu interior pódense descubrir detalles sobre a tripulación e sobre a carga que chegou a este porto no ano 1493: metais, plantas, alimentos, animais exóticos…
-
Situado nunha antiga fábrica conserveira, mostra o patrimonio asociado coa ría de Vigo. A recreación de varias batallas, especialmente a de Rande en 1702, reforza a importancia estratéxica da ría.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
-
Construíuse no século XII en primeira liña de costa. As continuas reformas achegaron ao conxunto elementos arquitectónicos románicos, góticos e barrocos. Destaca o seu carácter fortificado, pois no século XVI foi lugar de defensa da costa e refuxio de barcos.
-
Poboado rodeado dunha muralla monumental situado nun outeiro desde a que se obtén un importante control sobre o Atlántico. No exterior da muralla pódense ver varios gravados rupestres con combinacións circulares incompletas engarzadas unhas con outras.
-
Declarado Conxunto Histórico-Artístico, percorrendo as súas empedradas rúas descóbrense casaróns señoriais, coma o pazo de Correa, do século XVIII, o cruceiro da Trindade, do século XV, ou a excolexiata de Santa María, de aspecto fortificado e construída no século XIII.
-
Festa de Interese Turístico Internacional que ten lugar a primeira fin de semana de marzo e na que se conmemora a chegada da carabela Pinta a Baiona no ano 1493, a primeira noticia que se tivo do Descubrimento de América. A festa enche as rúas de música, mercados e actividades. Escenifícase o relato que Martín Alonso Pinzón lle transmitiu ao corrixidor de Baiona.
-
Arco de ferradura, un dos poucos exemplos de arte prerrománico en Galicia que debeu de pertencer a un templo do século X que non se conservou.
-
Deseño en granito do arquitecto Antonio Palacios edificado entre 1932 e 1937 e consagrado á Virxe do Carmen. Nel mestúranse notas arquitectónicas de inspiración gótica, modernista e mesmo musulmá.
MOMENTOS GASTRONóMICOS
-
Festa que promociona o ourizo de mar que ten lugar na localidade de Oia no mes de abril. Degústanse ourizos de mar, extraídos das costas de Oia, crus, cocidos ou á brasa e acompañados de pan de millo e viño do país.
-
Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar durante a primeira quincena de maio para promocionar o choco, elaborado segundo distintas receitas: desde as máis tradicionais, coma a empanada ou o arroz con chocos, ata algunhas máis innovadoras, coma os chocos con fabes.
ENCLAVES NATURAIS
-
Montes rochosos xunto á costa cubertos de matogueira baixa, con piñeiros e carballos nos vales. Esténdese polas poboacións de Tomiño, A Guarda, Oia, Baiona e Gondomar, con puntos coma o monte Lousado, o Alto da Grova ou A Pedra da Gata, que ofrecen vistas panorámicas de gran beleza.
-
É un enclave único e estratéxico no que se construíu un faro en 1862 que tivo que trasladarse no ano 1924 a unha posición máis elevada. No lugar tamén se conservan baterías militares e sábese que no ano 1949 naufragou alí o navío Thalassa, con pasaxeiros que fuxían da Segunda Guerra Mundial.
-
Montículo que, preto do río Verdugo, ofrece un dominio visual excepcional da entrada da ría de Vigo, das súas ribeiras e mesmo das illas Cíes. Achouse a necrópole megalítica de Cortello dos Mouros e a Mámoa do Rei. Foi ocupado por un castro da Idade do Ferro e, no ano 1477, o bispo de Santiago, Alonso Fonseca, construíu un castelo. Posteriormente, na súa cima construíuse unha ermida dedicada á virxe da Peneda.
-
Situada no extremo interior da ría de Vigo, agora deshabitada, foi declarada espazo protexido e foi escenario de sucesivos ataques piratas e batallas. Foi ocupada por un mosteiro en época medieval, por un lazareto no século XIX e por unha prisión durante o franquismo. Actualmente acolle un centro de recuperación da memoria histórica.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
- Virxe da Rocha
É o monumento máis destacado de Baiona, deseñado en granito sobre as rochas do monte Sansón polo arquitecto Antonio Palacios e inaugurado no ano 1930. Con 15 metros de altura, representa a Virxe, que sostén unha barca e é un miradoiro ao cal se accede por unha escaleira.
[+] INFO - Fortaleza de Monterreal
Situada no porto de Baiona, controla a entrada á ría de Vigo. Conserva elementos de época medieval e ata o século XVIII e destaca a súa monumental muralla de ameas flanqueada por torres e garitas. Actualmente aloxa o Parador de Baiona.
[+] INFO - Excolexiata de Santa María de Baiona
O templo, cuxa construción se iniciou no ano 1287, presenta un aspecto sobrio e fortificado, é de estilo románico e conta cunha sinxela fachada na que destaca o rosetón. Converteuse en colexiata no ano 1482 aínda que no ano 1850 deixou de selo.
[+] INFO - Pazo Torres de Agrelo (Redondela)
Casona que se construíu no século XIX sobre os restos dun antigo mosteiro, rodeada duns magníficos xardíns con vistas á ría de Vigo. Nestes xardíns pódese admirar un exemplar centenario de Camellia sasanqua ‘Barão de Soutelinho’, considerada probablemente a Camellia sasanqua máis antiga de Europa.
[+] INFO - Talaso AtlánticoFaro Silleiro, s/n, 36309 OiaTeléfono: +34 986 385 090[+] INFO
MOMENTOS GASTRONóMICOS
- Festa da Rosquilla (Gondomar)
Evento que ten lugar no mes de xullo para promocionar unha das sobremesas tradicionais desta localidade: as rosquillas, de follado, de anís ou brancas, que se elaboran á maneira artesanal. Concursos, actividades e música completan a festa.
ENCLAVES NATURAIS
- Paseo do Monte Boi
Paseo, de máis de 2 quilómetros, que percorre a península do Monte Boi, rodea o castelo de Monterreal e transita por praias e calas con vistas espectaculares. Durante o paseo, dotado con área de descanso e miradoiros, pódense descubrir baterías militares ou percebeiros.
- Esteiro da Desembocadura do río Miñor
Espazo protexido no que converxen as mareas do Miñor e os arroios de Grova e Belesar. É unha zona de marismas cunha gran biodiversidade. Desde o observatorio de Sabarís obsérvase unha gran variedade de aves acuáticas.
[+] INFO - Praia América (Nigrán)[+] INFO
- Praia de Panxón (Nigrán)[+] INFO
- Praia de Patos (Nigrán)[+] INFO
- Praia Barbeira (Baiona)[+] INFO
- Praia Concheira (Baiona)[+] INFO
- Praia de Frades (Baiona)[+] INFO
- Praia Ladeira (Baiona)[+] INFO
- Praia Ribeira (Baiona)[+] INFO
- Praia Santa Marta (Baiona)[+] INFO