09.SABOREA A COMARCA DO SALNÉS
DO MAR E DO VIÑO
DO MAR E DO VIÑO
Descubre unha comarca na que as viñas se asoman ao mar, alegoría da conxunción que existe entre ao océano e a terra. As paraxes naturais son apracibles e a vida mariñeira convive con hortas, fermosos xardíns e produtivos viñedos. Os pazos e as adegas espállanse polo territorio e a historia ensínanos que castros, castelos e mosteiros dominaron unha paisaxe cunha forte personalidade.
O Salnés bríndache a oportunidade de coñecer as pequenas e activas localidades de Sanxenxo, Meaño, O Grove, Cambados, Ribadumia, Meis, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Todas elas conforman un territorio cunha gran diversidade económica e unha acusada idiosincrasia, na que o mar e a terra se funden nunha única paisaxe.
Na costa, a pesca e o marisqueo conviven con hortas e viñedos cos que se elaboran viños de alta calidade. Cambados, co seu Museo Etnográfico do Viño, eríxese como capital da produción vitivinícola e diversos pazos resgardan os caldos nas súas adegas. Mentres, no Grove ou na Illa de Arousa os museos revelan a importancia da súa actividade pesqueira e da súa tradición na elaboración de conservas e salgaduras. O marisqueo e a pesca descenden dunha longa tradición, como demostran os castros, poboados da Idade do Ferro que, situados na costa ou na mesma praia, se especializaron na explotación do mar e foron importantes centros de intercambios comerciais.
Unha paisaxe coma a do Salnés ofrece un paraíso para o goce gastronómico, con variedade de peixes e mariscos, verduras e froitas, todo iso acompañado por viños excelentes.
- 1 - Vilagarcía de Arousa
- 2 - Vilanova de Arousa
- 3 - A Illa de Arousa
- 4 - Cambados
- 5 - O Grove
- 6 - Sanxenxo
- 7 - Meaño
- 8 - Ribadumia
- 9 - Meis
MUSEOS
-
Situado nunha antiga casa do século XVIII, mostra a cultura tradicional galega. Un percorrido polas estancias da casa permite coñecer como se vivía e como se estruturaba a familia no ámbito rural.
-
Instalado en dúas fábricas de salgadura ou salgadeiras rehabilitadas, pon en valor os procesos que se realizaban para conservar a sardiña en salmoira. Pódense visitar as pías exteriores, así como un espazo expositivo que divulga a importancia da pesca, do marisqueo, da salgadura e da conserva.
-
Situado no pazo de Liz, mostra a importancia da muller no mundo rural galego a través de diversas temáticas como a organización familiar, a economía doméstica e as relacións sociais, así como os traballos produtivos ao seu cargo: a elaboración do pan, a transformación do liño ou a costura.
-
Construción mariñeira que mostra a importancia da pesca na localidade de Cambados, unha actividade económica moi arraigada. É a mellor forma de coñecer a vida dos pescadores.
-
Foi o primeiro museo dedicado ao viño de Galicia, situado nunha antiga casa reitoral. A colección etnográfica é o fío condutor para descubrir a vitivinicultura das Rías Baixas, as características dos terreos, as variedades cultivadas, o proceso de elaboración e a cultura popular relacionada co viño.
-
Pequena edificación mariñeira que foi o fogar natal do coñecido como “poeta dá raza”. As influencias que recibiu, os testemuños, curiosidades e os obxectos achégannos ao poeta galego máis importante das Irmandades da Fala.
-
Foi construído na enseada de Cambados no ano 1662 por Gonzalo de Valladares, señor de Fefiñáns, aproveitando o fluxo-refluxo das mareas. Actualmente é un museo que mostra o legado cultural e popular das Rías Baixas.
-
Está instalado na antiga conserveira de Goday, a primeira fábrica industrial de Galicia, que data do século XIX. A visita achéganos ao proceso produtivo dunha conserveira e á súa historia. Moi preto atópase o antigo Peirao de Pau, unha fábrica de salgadura que tamén pertenceu á familia Goday.
-
Está situado na Casa do Cuadrante, un edificio de arquitectura tradicional que foi propiedade dos avós maternos de Valle-Inclán e onde, supostamente, naceu o escritor. Móstranse coleccións bibliográficas, manuscritos orixinais e outros documentos relacionados con este autor.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
-
Está situado nun lugar privilexiado, cun excelente control do tráfico marítimo, zonas de fondeadoiro e preto de minas de estaño. No século II a. n. e. foi un importante centro de comercio, ademais dun asentamento dedicado ao marisqueo e á produción de salgaduras. Tamén se descubriu unha necrópole de época tardorromana xunto cun edificio que se interpreta como espazo de culto cristián.
-
Mostra a riqueza biolóxica e ecolóxica dos mares de Galicia e divulga a relación entre o mar e o ser humano, así como a necesidade da conservación do patrimonio mariño.
-
Localidade coñecida como capital do albariño, con casas señoriais, casaróns e monumentos en granito, xurdida da unión de tres poboacións: Fefiñáns, envolta de carácter nobre; Santo Tomé, un barrio mariñeiro; e o propio barrio de Cambados, onde conviven praias, rúas empedradas e as ruínas de Santa Mariña Dozo.
-
Construíuse en 1852 e deixo de funcionar a principios do século XX. Actualmente alberga un restaurante desde o que se poden admirar unhas amplas vistas da ría de Arousa.
ENCLAVES NATURAIS
-
Situado no cume do monte Siradella, brinda unha panorámica de extraordinaria beleza. O centro difunde e informa dos valores do Espazo Natural Protexido Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta do Carreirón e lagoa Bodeira.
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
- Torre de Miraflores
Torre datada no século XVII á que posteriormente se lle engadiron máis dependencias. Crese que o seu fundador foi Diego Sarmiento de Valladares (1611-1695), inquisidor xeral. Durante a segunda metade do século XIX foi a residencia de verán dos condes de Pardo Bazán, pais da escritora Emilia Pardo Bazán, que pasou aquí os veráns da súa nenez.
[+] INFO - Xacemento arqueolóxico de Adro Vello
Xacemento arqueolóxico situado no bordo da praia de Carreiro, con restos dunha antiga fábrica de salgaduras, sobre a que se construíu unha vila romana e, máis tarde, unha necrópole. Tamén se documentou a construción, en época sueva, dun centro relixioso cunha basílica.
[+] INFO - Pazo de Fefiñáns
Construído no século XVI por Juan Sarmiento Valladares, conselleiro do rei Felipe II. Destacan os grandes balcóns circulares nas esquinas do edificio e a decoración renacentista sobre as xanelas. Acolle unha recoñecida adega de viño albariño, a primeira que comercializou viño da marca Denominación de Orixe Rías Baixas.
[+] INFO - Xacemento arqueolóxico do monte do Castro
Asentamento da Idade do Ferro fortificado situado sobre un esporón e cun amplo dominio do val final do río Umia. Foi no século III a. n. e. cando as murallas se monumentalizaron e as casas, formadas por varias construcións, se volveron máis complexas.
[+] INFO - Pazo Quinteiro da Cruz
Foi construído no ano 1790 e é un exemplo de arquitectura neoclásica. Destacan dous hórreos de pedra dos séculos XVIII e XIX e dous cruceiros. Os seus amplos xardíns, rodeados de viñedos de albariño e dun pequeno bosque, reúnen especies exóticas e máis de 1.500 variedades de camelias.
[+] INFO [+] INFO - Mosteiro de Santa María da Armenteira
Complexo monacal escondido nun contorno de vexetación frondosa. Fundado entre os anos 1149 e 1162, foi abandonado en 1837 para volver ser habitado en 1989 por unha pequena comunidade de monxas. Ten un importante valor patrimonial e dispón de hospedería.
[+] INFO - Pazo de Señoráns
Esta casona do século XIV presenta unha sólida fachada de perpiaños de pedra, un hórreo, un forno de pan, unha adega, un pombal, un cruceiro e unha capela na honra de san Xaquín e santa Ana. Actualmente explota 10 hectáreas de viña de albariño que producen viño de gran calidade.
[+] INFO - Pazo da Saleta
Casa de labranza do século XVIII que acolle un dos xardíns privados máis importantes de España, deseñado en 1970 pola arquitecta paisaxística Brenda Colvin. Está integrado na Ruta das Camelias e forma parte de Les Belles Maisons, unha exclusiva colección de casas particulares para eventos únicos.
[+] INFO - Torre de Cálogo
Formaba parte do antigo mosteiro de San Cibrán de Cálogo, destruído polos ataques normandos. Cos seus restos construíuse a cimentación da antiga igrexa parroquial da Pastoriza.
- Pazo Baión
Casona do século XV, reformada a principios do XX por un emigrante galego retornado de Arxentina e reconvertida en fábrica leiteira nos anos 70. Actualmente é unha adega.
[+] INFO - Castro de Alobre
É un asentamento da Idade do Ferro situado ao sur da desembocadura do río Ulla que perdurou ata finais do século III. As súas actividades económicas principais foron o marisqueo e o comercio.
[+] INFO - Convento-pazo de Vista Alegre
Construído no século XVI polo abade de Teverga. Na segunda metade do século XVII fundouse o convento de monxas agostiñas, anexo ao pazo. Destaca o grande arco que comunica as dúas edificacións, construído unicamente en granito.
[+] INFO [+] INFO
MOMENTOS GASTRONóMICOS
- Festa da Cebola (Sanxenxo)
Evento nas festas patronais de setembro a honra de Santa Rosalía en Sanxenxo, na que as e os agricultores da zona instalan os seus postos no porto onde venden produtos da horta. Organízanse concursos da cebola máis grande, a restra máis longa ou a figura con cebolas máis orixinal.
[+] INFO - Festa do Albariño (Cambados)
Festa de Interese Turístico Internacional que ten lugar en agosto e na que as adegas poñen á venda os seus viños para a súa degustación. Realízase o Concurso do Albariño, onde participan as adegas que aspiran a converterse no mellor viño Rías Baixas da última anada. A festa acompáñase dunha variada programación cultural.
[+] INFO - Festa da Vieira (Cambados)
Festa de Interese Turístico de Galicia, que ten lugar en xullo, na que se pode degustar a vieira preparada de varias maneiras. Tamén se organizan espectáculos e múltiples actividades.
[+] INFO - Festa de Exaltación do Marisco (O Grove)
Festa de Interese Turístico Nacional que ten lugar en outubro e na que se degustan mariscos galegos a prezos populares. Destacan as racións de mexillón de batea e de rodaballo de acuicultura, pero tamén de nécora, camarón, cigala, ostra, vieira, ameixa ou percebe.
[+] INFO - Festa dos Produtos do Mar (A Illa de Arousa)
Evento gastronómico que ten lugar en agosto, con postos no paseo marítimo do Xufre nos que se poden degustar ameixas, camaróns, berberechos, polbo…
[+] INFO - Festa do Mexillón e do Berberecho (Vilanova de Arousa)
Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en agosto e na que se poden degustar os principais produtos extraídos da ría de Arousa: o mexillón e o berberecho.
[+] INFO - Festa da Ameixa (Vilagarcía de Arousa)
Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en agosto no porto do Carril, con tradición histórica e na que se poden degustar ameixas criadas nos areais da localidade acompañadas de viño albariño.
[+] INFO - Festa Labrega (Meis)
Festa que ten lugar en xullo, mostra a tradición rural e agrícola da localidade con postos de artesanía e produtos do campo. Organízanse xogos tradicionais e a exposición de animais de granxa.
- Adegas Terra de AsoreiCabeiro, San Martiño de Meis, s/n, 36637 Meis
- Bodega Casa da BarcaLugar de Covas de Lobos, 104, Vilariño, 36633 Cambados
- Bodega Don OlegarioRefoxos, s/n, Corvillón, 36634 Cambados
- Bodega Gil ArmadaPazo de Fefiñáns, 36630 Cambados [+] INFO
- Bodegas del Palacio de FefiñanesPraza de Fefiñáns, s/n, 36630 Cambados [+] INFO
- Bodegas Martín CódaxBurgáns, 91, Vilariño, 36633 Cambados [+] INFO
- Bouza de CarrilAv. Caponiñas, 14, Barrantes, 36636 Ribadumia [+] INFO
- Lagar de BicadaO Pazo, 11, Xil, Meaño. Tel.: +34 986747473 [+] INFO
- Lagar de Costa, S. L.Sartaxes, 8, Castrelo, 36639 Cambados
- Bodega Pazo BaiónAbelleira, 4-6. Baión, 36614 Vilanova de Arousa [+] INFO
- Paco & Lola, bodega e viñedosLugar de Valdamor, 18, Xil, 36968 Meaño [+] INFO
- Pazo de SeñoránsLugar de Vilanoviña, Paradela, 36616 Meis [+] INFO
ENCLAVES NATURAIS
- Complexo Intermareal Umia-O Grove
Situado entre os límites da baixamar e a preamar, é un espazo protexido de alto valor ecolóxico. Trátase de áreas pouco profundas que constitúen zonas húmidas propicias para a hibernación dunha gran variedade de aves.
[+] INFO - Espazo Natural do Carreirón
Paraxe natural que pertence ao Complexo Intermareal Umia-O Grove. É unha zona húmida de especial protección de aves. A costa debuxa calas, praias de area fina, lagoas e marismas con abundante fauna e flora.
[+] INFO - Ruta dos Pilros (O Grove, A Illa de Arousa)
Ruta que percorre a punta do Carreirón e o amplo areal da praia de Salinas e que permite observar pilros, pequenas aves migratorias.
[+] INFO - Illa da Toxa
Desde antigo, na Illa da Toxa só había gando e se extraía madeira, ata que se descubriron as propiedades curativas das súas augas e dos seus lodos. En 1840 construíuse un balneario, en 1907 abriuse o Gran Hotel e, máis tarde, un casino. Actualmente é un centro termal de prestixio.
[+] INFO - Ruta dos Muíños de Barrantes – Ruta da Pedra e da Auga
A ruta, de 7 quilómetros, discorre polas beiras do río Armenteira e pasa polos muíños de Barrantes, os muíños de Serén e a Aldea Labrega (Meis) para finalizar no mosteiro de Santa María da Armenteira. É unha excursión entre ríos, natureza e arquitectura.
[+] INFO - Miradoiro do Con do Forno e miradoiro do Santo
É o punto máis alto da Illa de Arousa (63 m), desde o que se pode contemplar unha panorámica de toda a illa e as localidades de Vilagarcía de Arousa , Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño, Sanxenxo e O Grove. Está coroado cunha escultura do Corazón de Jesús O Santo do ano 1962.
[+] INFO - Illa de Cortegada
Situada no interior da ría de Arousa, a illa forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. O seu hábitat máis singular, único en Europa, é un tipo de bosque subtropical de selva alta, con grandes árbores, guacos e lianas.
[+] INFO