10

10.SABOREA A COMARCA DE CALDAS

ENTRE RÍOS E MANANCIAIS

ENTRE RÍOS E MANANCIAIS

Saborea a comarca de Caldas e mergúllate nas súas augas. O mar, apracibles esteiros, ríos e augas curativas que xorden de mananciais, modelan o territorio e definen a historia da comarca. Ao seu paso, os ríos Ulla e Umia e os seus afluentes visten a paisaxe de lagoas, fervenzas e bosques frondosos, pero tamén son camiños de paso repletos de historias.

Viaxa polas vilas de Valga, Catoira, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Pontecesures e Portas, e descubre a sedución da auga. A comarca de Caldas está formada polo esteiro do río Ulla ao norte e os cursos medio e alto do río Umia ao sur. É un territorio con abundante auga superficial –ríos– e tamén con abundantes augas subterráneas con propiedades curativas. A orixe da comarca e tamén da poboación de Caldas precisamente deriva dos mananciais de augas termais, xa utilizadas polos romanos e que se converteron en luxosos balnearios no século XIX.

Os ríos forman paisaxes dunha gran beleza e, ao longo do seu leito, debuxan bosques salvaxes entre rocas e brións, lagoas e pozas de auga verde e altas fervenzas, para finalizar en repousados esteiros e zonas húmidas, acubillo de aves migratorias. Pero os ríos tamén marcaron a historia desta terra, coma as numerosas pontes, moitas delas de orixe romana e que facilitaron a comunicación entre as dúas beiras, ou as Torres de Oeste, que controlaban o tránsito fluvial polo río Ulla. Diversos museos ou centros de interpretación difunden toda esta riqueza natural e patrimonial, por exemplo o Museo de Historia de Valga, que nos achega á historia da cidade e nos amosa o patrimonio natural do esteiro do Ulla.

Mapa comarca
  • 1 - Cuntis
  • 2 - Moraña
  • 3 - Portas
  • 4 - Caldas de Reis
  • 5 - Catoira
  • 6 - Valga
  • 7 - Pontecesures

OUTROS PUNTOS DE INTERESE

  • Burga de Caldas de Reis

    Datada en 1881, é unha monumental fonte con dous caños decorados con cabezas de leóns dos que brotan augas sulfuradas cloruro-sódicas quentes, especialmente indicadas para afeccións respiratorias e reumáticas.

    [+] INFO
  • Hotel-Balneario Dávila Distintivo SICTED e Hotel-Balneario Acuña

    Caldas de Reis é un importante centro termal cun manancial de augas sulfuradas cloruro-sódicas con propiedades curativas. A vila conta con dous balnearios: o Balneario Acuña, construído a principios do século XX, e o Balneario Dávila, unha antiga casa de baños que se converteu en balneario en 1880.

    [+] INFO [+] INFO
  • Ponte romana

    Ponte sobre o río Ulla datado no século I que sufriu varias remodelacións; a máis memorable foi realizada polo Mestre Mateo no século XII. Consta de dez arcos, por ela discorre o Camiño Portugués de peregrinación a Santiago de Compostela e une as provincias da Coruña e Pontevedra.

    [+] INFO
  • Belén artesanal de Valga Distintivo SICTED

    É unha das composicións do Nadal máis espectaculares de Galicia polas súas dimensións, ao contar con máis de 3.000 pezas en 250 m², e porque non representa unicamente as escenas típicas da tradición relixiosa, senón que incorpora elementos da actualidade.

    [+] INFO
  • Artesanía Cerámica de Castrolandín Distintivo SICTED
    Praza das Árbores, 14, 36670 Cuntis
    Teléfono: +34 986 532 668
  • Taller de Artesanía Pilar Couso Distintivo SICTED
    Lugar Campo, 10, Ulla-Umia, 36670 Cuntis

ENCLAVES NATURAIS

  • Río Umia

    Nace en Aciveiro (Forcarei) e o seu leito, de gran beleza, debuxa camiños de arrieiros cheos de historia. Na zona de Moraña o río baixa con forza para acougar en Ribadumia e rodearse de cepas de albariño. Chega ao seu fin na ría de Arousa, no espazo protexido da lagoa de Bodeira e nos humidais do Vao e Punta Carreirón.

    [+] INFO

CANDO QUERES SACIAR A TÚA FAME DE EXPERIENCIAS?

Todas as estacións do ano visten as nosas paisaxes de cores diferentes.

Descubre a variada oferta cultural e de ocio que che ofrecen As Rías Baixas