07

07.SABOREA A COMARCA DO MORRAZO

ENTRE O MAR E A TERRA

ENTRE O MAR E A TERRA

Coñece un lugar onde conflúen o mar e a terra e saborea as paisaxes da península do Morrazo, flanqueada polas rías de Pontevedra e de Vigo. Unha terra na que mesmo desde os altos dos montes de Domaio se ule o mar. Unha terra nun contorno natural excepcional, na que dolmens, petróglifos e castros conviven coa máis arraigada tradición mariñeira.

Descubre a comarca do Morrazo e visita as localidades de Moaña, Cangas, Bueu e Marín e o seu contorno. A situación da península do Morrazo, entre as rías de Pontevedra e de Vigo, confírelle unha posición singular entre o mar e a terra.

A terra está dominada polos montes de Domaio, que, situados no centro da península, evidencian a importancia estratéxica e simbólica que tivo o lugar en tempos afastados. Poderás descubrir dolmens, petróglifos e castros, e mesmo un excepcional santuario da Idade do Ferro no monte do Facho.

O mar está sempre presente e forma parte da identidade da comarca, como mostra a arraigada tradición mariñeira, pesqueira e conserveira. Descúbreo visitando o interesante Museo Massó, promovido por unha das industrias máis importantes no sector das conservas, as antigas baleeiras ou as industrias de cabos e cordas para o sector pesqueiro.

Poderás percorrer lugares que ofrecen panorámicas únicas de gran beleza, cantís, praias tranquilas, paisaxes virxes e montes; unha diversidade que tamén se traduce na súa variada gastronomía baseada en produtos do mar, así como en verduras e froitas, todas elas de excelente calidade.

Mapa comarca
  • 1 - Marín
  • 2 - Moaña
  • 3 - Cangas
  • 4 - Bueu

OUTROS PUNTOS DE INTERESE

  • Dolmen de Chan de Armada

    Monumento funerario cunha cámara de forma poligonal e cun corredor construído con grandes laxas. Non conserva a cuberta.

    [+] INFO
  • Castro da Subidá

    Poboado da Idade do Ferro situado no alto da Porteliña que perdurou en época romana. Dispón dunha dobre muralla, unha pequena acrópole ovalada e vivendas de planta circular. Os obxectos recuperados testemuñan unha economía agrícola e gandeira pero tamén baseada na pesca e o marisqueo.

    [+] INFO

MOMENTOS GASTRONóMICOS

  • Mercado de abastos, porto pesqueiro e lonxa (Bueu)

    Non deixes de visitar o mercado tradicional de abastos de Bueu, con postos de venda de produtos frescos e de tempada, o porto pesqueiro e a lonxa de peixe e marisco.

    [+] INFO [+] INFO

ENCLAVES NATURAIS

  • Cabo Home

    É un lugar estratéxico a escasa distancia das illas Cíes e configura un lugar moi perigoso para a navegación debido ás correntes, saíntes rochosos, néboas e altas ondas. É por iso que dispón de tres faros, un situado en cada punta, para advertir ás embarcacións dos perigos.

    [+] INFO
  • Parque dos sentidos - granxa de Briz

    En orixe era unha antiga granxa dos monxes de Oseira. Dispón de xogos infantís, unha zona de aventura, unha lagoa natural e outra artificial, un auditorio ao aire libre e unha vivenda tradicional con árbores froiteiras, vides e especies vexetais autóctonas.

    [+] INFO
  • Praia de Rodeira (Cangas) Distintivo SICTED
    [+] INFO
  • Club de Golf Ría de Vigo (Moaña) Distintivo SICTED
    [+] INFO

CANDO QUERES SACIAR A TÚA FAME DE EXPERIENCIAS?

Todas as estacións do ano visten as nosas paisaxes de cores diferentes.

Descubre a variada oferta cultural e de ocio que che ofrecen As Rías Baixas