07

07.SABOREA A COMARCA DO MORRAZO

ENTRE O MAR E A TERRA

ENTRE O MAR E A TERRA

Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.

Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.

  • Día 1:
    • MOAÑA E CANGAS

      • Con 636 metros de altitude é unha estratéxica atalaia e o punto máis alto da serra do Morrazo, que brinda unha panorámica aberta sobre As Rías Baixas e as illas atlánticas, a ría de Vigo e as montañas que conforman o linde do río Miño entre Galicia e Portugal.

      • Monumento funerario megalítico construído hai máis de 5.000 anos, formado por unha cámara poligonal e por un corredor construídos con grandes laxas de pedra. En orixe, o dolmen estaba completamente cuberto de terra (mámoa), aínda que só se conserva unha parte.

      • Evento que ten lugar en setembro, no que se promociona a navalla, un produto autóctono colleitado polos navalleiros da Confraría de San Xosé. As navallas á prancha son a modalidade máis común, pero tamén se preparan á brasa, en revolto, salteadas ou en tosta.

      • É o punto máis occidental da península do Morrazo, unha paisaxe virxe dunha beleza espectacular, onde o mar domina, xunto cos piñeirais, os cantís e as tranquilas e areosas praias de Nerga e Barra.

      • É un miradoiro natural sobre as illas Cíes, un lugar máxico que se elixiu como santuario na Idade do Ferro e perdurou en época romana, cando se colocaron máis de 100 altares dedicados ao deus lar Bero Breo, ao que lle solicitaban saúde.

      • É un lugar estratéxico a escasa distancia das illas Cíes e configura un lugar moi perigoso para a navegación debido ás correntes, saíntes rochosos, néboas e altas ondas. É por iso que dispón de tres faros, un situado en cada punta, para advertir ás embarcacións dos perigos.

  • Día 2:
    • BUEU

      • O arquipélago de Ons, situado na bocana da ría de Pontevedra, está formado pola illa de Ons e varios illotes, e forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. É un lugar illado de gran beleza e cun relevo accidentado, con praias de auga cristalina, cantís e zonas de arboredo. Pódese percorrer a pé ou en bicicleta.

      • Cita gastronómica que ten lugar en agosto na que se pode degustar polbo preparado de distintas maneiras: desde o tradicional polbo á feira, en caldereta, frito, á prancha ou en empanada, ata receitas máis atrevidas como en croquetas ou en paté.

      • Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar no mes de abril, homenaxea o millo corvo, millo cun gran de cor negra que deixou de utilizarse hai décadas e que en 1998 se recuperou seguindo as técnicas tradicionais. Degústanse receitas elaboradas con este tipo de millo.

      • A súa orixe remóntase á visita que Guillermo Marconi realizou á fábrica de conservas Massó no ano 1928. Foi daquela cando suxeriu a creación dun museo para expoñer a colección de instrumentos de navegación, documentos e libros, obxectos diversos e maquetas de barcos que conservaba a familia. Desde entón incrementáronse as coleccións e, xestionado desde 1994 pola Xunta de Galicia, mostra a historia pesqueira, baleeira e conserveira de Bueu.

  • Día 3:
    • BUEU E MARÍN

      • Pola costa oeste do municipio de Bueu o Cabo Udra ponlle final á baía de Aldán e sinala o principio da ría de Pontevedra nunha sucesión de pequenas enseadas entre puntos rochosos. Desde o cume do cabo, a 91 metros de altitude, e desde o alto de Carafixo, a 129 metros, as panorámicas son sorprendentes, con vistas á ría de Pontevedra e á illa de Tambo.

      • Contorno no que se combinan pequenos cantís e praias de alto valor paisaxístico cunha diversidade xeolóxica, de fauna e de flora. Desde o cabo apréciase unha vista da ría de Pontevedra, da illa de Ons e da Punta Couso. Dispón dunha aula que difunde os valores naturais do lugar.

      • En orixe era unha antiga granxa dos monxes de Oseira. Dispón de xogos infantís, unha zona de aventura, unha lagoa natural e outra artificial, un auditorio ao aire libre e unha vivenda tradicional con árbores froiteiras, vides e especies vexetais autóctonas.

      • É unha das concentracións de petróglifos máis importantes de Galicia, entre os que destaca unha singular representación de labirintos ademais de círculos, cazoletas e un cervo. Acompáñaos un centro de interpretación que ofrece información sobre os petróglifos e tamén sobre o patrimonio cultural de Marín e da comarca do Morrazo.

      • O museo, inaugurado en 1992, xurdiu grazas á doazón do pintor Manuel Torres Martínez de máis de 70 obras ao Concello de Marín. O artista, que naceu en Marín no ano 1901, recibiu unha grande influencia de Carlos Maside, do que era bo amigo. O mar e o campo convertéronse nas súas fontes de inspiración en obras dun marcado carácter folclorista.

      • Evento gastronómico que ten lugar no mes de xullo no que se degusta a cigala cociñada de distintas maneiras: cocida, en salpicón, en empanada…

      • Non deixes de visitar o mercado tradicional de abastos de Bueu, con postos de venda de produtos frescos e de tempada, o porto pesqueiro e a lonxa de peixe e marisco.

      • Trátase dunha ruta de gran beleza que enlaza varios itinerarios que, unindo praias ou portos con bandeira azul, contribúen positivamente ao uso sostible do litoral. Comprende o seguintes tres tramos: Ruta das Praias, Ruta dos Cinco Miradoiros e Ruta Montes e Praias.