06

06.SABOREA VIGO

UN MAR DE HISTORIAS

UN MAR DE HISTORIAS

Degusta o sabor da ría de Vigo a través dos seus museos, do seu patrimonio e das súas paisaxes. Goza da gran despensa de produtos do mar e sorpréndete da antiga e arraigada tradición mariñeira, marisqueira e conserveira de Vigo. Descubre, ademais, a importancia da vixilancia e a defensa da ría no Medievo coa construción de fortificacións para evitar os ataques inimigos.

Saborea a ría de Vigo, ule a mar e a sal e degusta os mellores produtos do mar percorrendo as localidades de Vigo e Soutomaior. A explotación dos recursos mariños é unha tradición milenaria en Vigo, baseada na recolección e a cría de marisco, na pesca, pero tamén na tradición da salgadura e a conserveira. A través das súas paisaxes, do seu patrimonio e dos seus museos descubrirás os grandes segredos da cultura do mar nesta terra.

Toda a ría de Vigo está salpicada de patrimonio que nos conecta coa súa actividade e gastronomía mariñeiras: o Museo do Mar de Galicia ofrece un extenso percorrido polos diversos ecosistemas mariños e achéganos á arraigada cultura do mar, os castros da Idade do Ferro reflicten unha importante actividade mariscadora e as salinas de época romana manifestan a antiga tradición das industrias de salgaduras, unha delicia gastronómica xa para os romanos. Durante o século XIX as industrias conserveiras convertéronse nun importante motor económico, que queda testemuñado polas numerosas antigas fábricas ou polo interesante Museo ANFACO da industria conserveira.

Pero a ría de Vigo esconde moitas máis historias, como a importancia que tivo o seu control para evitar as incursións procedentes do mar que poderían irromper cara o interior, especialmente durante a Idade Media. Por iso, un castelo coma o de Soutomaior foi estratéxico para a vixilancia do territorio.

Mapa comarca
  • 1 - Soutomaior
  • 2 - Vigo

ENCLAVES NATURAIS

  • Parque Nacional das Illas Atlánticas (Vigo, Bueu e Vilagarcía de Arousa)

    O parque está formado por máis de 8.480 hectáreas, das cales 7.285 son mariñas e o resto terrestres. Está composto por catro arquipélagos: Sálvora, Cortegada, Ons e Cíes, que actúan de barreira natural das rías ante o océano e nos que se conserva unha biodiversidade terrestre e mariña de alto valor natural.

    [+] INFO
  • Paseo pola ría de Vigo (Vigo)

    Desde a estación marítima da ría de Vigo existen diversas opcións para realizar un paseo en barco e visitar as illas Cíes ou as localidades mariñeiras do outro lado da ría, coma Moaña ou Cangas, no Morrazo.

    [+] INFO [+] INFO

CANDO QUERES SACIAR A TÚA FAME DE EXPERIENCIAS?

Todas as estacións do ano visten as nosas paisaxes de cores diferentes.

Descubre a variada oferta cultural e de ocio que che ofrecen As Rías Baixas