PROVINCIA DE PONTEVEDRA, AS RÍAS BAIXAS
SABOREA OS SEUS MUSEOS, PASEA POLA SÚA GASTRONOMÍA
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
AS RÍAS BAIXAS

Atrévete a vivir novas experiencias a través de doce rutas. Emprenderás unha viaxe cara ao máis esencial da provincia de Pontevedra: a súa historia, a súa cultura, a súa paisaxe e a súa gastronomía.

As Rías Baixas son sinónimo de cultura e gastronomía. Na provincia de Pontevedra cada localidade ofrécelle algo único e singular á ou ao visitante. Recomendámosche percorrer as distintas comarcas de Pontevedra da man destas doce rutas para descubrir a súa historia, a súa cultura e a súa gastronomía a través dos museos. En cada ruta descubrirás unha gran diversidade de paisaxes repletas de historias, nas que a beleza natural de praias, bosques ou montañas harmoniza cun rico patrimonio e con museos que desvelan os segredos desta terra.

Mapa Europa

CANDO QUERES SACIAR A TÚA FAME DE EXPERIENCIAS?

Todas as estacións do ano visten as nosas paisaxes de cores diferentes.

Descubre a variada oferta cultural e de ocio que che ofrecen As Rías Baixas

  • primavera
  • verán
  • outono
  • inverno