11.SABOREA AS COMARCAS DE TABEIRÓS-TERRA DE MONTES E PONTEVEDRA
O CAMPO, UN MUNDO DE RIQUEZAS
O CAMPO, UN MUNDO DE RIQUEZAS
Mergúllate en paisaxes de vales abertos, sucados por ríos, bosques frondosos e zonas de montaña, onde os recendos, as cores e as sensacións te trasladan a escenarios campestres. Descubre fértiles campos, explotados por mosteiros e pazos, pequenas aldeas, eiras e hórreos que nos falan da tradición agrícola, dunha gastronomía próxima e con bos produtos, así como de festas e tradicións únicas.
Percorre as poboacións de Forcarei, Cerdedo-Cotobade e A Estrada e Forcarei e viaxa cos cinco sentidos a través de vales abertos e zonas de montaña, nos que ríos como o Ulla, o Umia ou o Lérez e os seus afluentes debuxan en Tabeirós unha fértil paisaxe. O mosteiro de Aciveiro e as súas explotacións, coma as neveiras para conservar e almacenar o prezado xeo, dominaban a Terra de Montes.
Toda a riqueza e a diversidade rural maniféstase nos seus museos, que nos falan dunha terra de canteiros, arrieiros e emigración. Mostra do labor dos canteiros está na arquitectura popular (A Eira de hórreos de Pedre e Ermida, a ponte de Andón en Aciveiro, a ponte de Serrapio-Cerdedo, a ponte da Bouzada en Soutelo de Montes, a torre de alarma de Barciela en Castrelo-Forcarei, as igrexas de Moreira e Codeseda na Estrada e o propio mosteiro de Aciveiro).
As paisaxes das beiras do río Ulla ou as pontes e os muíños que salpican o río Lérez mergúllannos en bosques de ribeira frondosos, húmidos e verdes, mentres que desde o alto da serra do Candán o horizonte se abre, con extensos campos e carballeiras. A maxia dos bosques acompáñanos polas aldeas abandonadas como a de Grovas, a Aldea Vella de Vichocuntín, a de Arufe ou a de Godela, testemuñas silenciosas dun pasado bulicioso que se esfumou polo abandono do campo en busca dunha vida mellor.
A tradición tamén ofrece espectáculos únicos como a Rapa das Bestas, en Sabucedo, ou a degustación dunha rica gastronomía coma o salmón da Estrada e a richada de Forcarei. Os queixos se acompañan de sidra e de doces filloas.
- 1 - Forcarei
- 2 - Cerdedo-Cotobade
- 3 - A Estrada
MUSEOS
-
Situada en Viascón, é un museo de referencia da música tradicional galega especializado na gaita de fol. Tamén exhibe outros instrumentos musicais tradicionais e fotografías antigas. Presenta a Ricardo Portela, un dos gaiteiros máis coñecidos de Galicia.
-
Situado nunha antiga vivenda de arquitectura tradicional, mostra o mundo rural da comarca entre finais do século XIX e a década de 1970: a gandería, a agricultura e os oficios tradicionais acompáñanse doutros aspectos como a vivenda, a alimentación, a infancia, as tarefas tradicionalmente femininas e masculinas e o fenómeno do éxodo rural e a emigración.
Cita previa -
Situado no antigo matadoiro municipal, edificado a partir de 1924, este museo mostra a vida tradicional na Estrada. Os obxectos expostos evocan os traballos no campo, os oficios tradicionais e a vida cotiá. A reprodución dunha aula dunha escola de principios do século XX e a colección de xoguetes tradicionais rememoran a infancia no ámbito rural.
Cita previa
OUTROS PUNTOS DE INTERESE
-
É un dos conxuntos de hórreos máis coñecidos de Galicia que, co nome de Eira Grande, reúne ata 12 ao redor dunha gran praza, xunto á Eira do Pallal, onde os campesiños trillaban o centeo e desfollaban o millo. Os hórreos, construídos en pedra e madeira e con cuberta a dúas augas, foron rehabilitados. Grande, reúne hasta 12 alrededor de una gran plaza, junto a la Eira do Pallal, donde los campesinos trillaban el centeno y desfollaban el maíz. Los hórreos, construidos en piedra y madera y con cubierta a dos aguas, han sido rehabilitados.
-
Agrupa 21 hórreos ao redor dun cruceiro e á ermida da Virxe dos Remedios, no medio de terras de cultivos e casas de aldea.
-
En Sabucedo mantense unha das tradicións máis singulares de Galicia e que expresa a forza simbólica do cabalo. A festa, que ten lugar en xullo, consiste en baixar as mandas de cabalos que viven libres no monte de Montouto e agrupalas nun recinto pechado, onde as e os aloitadores se enfrontan aos cabalos ata conseguir inmobilizalos e cortarlles as crinas.
-
Están situados a 800 metros de altitude, datan do século XVII e están vinculadas ao mosteiro de Aciveiro. Trátase de dúas grandes pozas de gran capacidade nas que se almacenaba e conservaba o xeo para a conservación dos alimentos. Tamén subsiste a casa do neveiro, que era o responsable da explotación.
-
Está situado preto do nacemento do río Lérez e foi fundado por unha comunidade de doce monxes no ano 1135, aínda que pronto chegaron a ser máis de 100 relixiosos. A igrexa é un dos exemplos do románico galego aínda que a fachada orixinal foi reconstruída no século XVIII. Unha das actividades que realizaban os monxes foi o comercio de xeo, procedente das neveiras da serra do Candán.
-
Predio señorial do século XIII, aínda que a maioría dos edificios que se conservan son de estilo barroco e do século XVIII. Ten un amplo xardín, unha horta, unha igrexa dedicada a san Antonio de Padua e varias casas para os xornaleiros. A propiedade explotaba o contorno agroforestal da Fraga da Pechada, a Carballeira de Ouriles e os prados de Subatán e Badoucos. A calidade dos xardíns fixo que gañase o nome de versalles galego.
MOMENTOS GASTRONóMICOS
-
Festa que promociona a cultura e a tradición do petote, un produto singular do Cocido de Entroido que consiste nun bolo de fariña de trigo e millo que se coce co cocido e que se serve cortado en rebandas.
-
Para a promoción desta bebida organízase unha feira na que se serve a sidra ecolóxica da Estrada e doutras zonas produtoras.
-
Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en maio e na que a degustación do salmón, cociñado tanto á maneira tradicional como con receitas innovadoras, é a protagonista. O evento acompáñase de actividades lúdicas e festivas.
ENCLAVES NATURAIS
-
Bosque de carballos centenarios e soutos de castiñeiros envoltos dunha vexetación frondosa de fentos, enredadeiras e brións. Consérvase unha ermida dedicada a san Xusto, na que cada agosto se celebra unha romaría. Desde alí pódese acceder aos baños termais de San Xusto, con augas sulfuro-fluoradas.
-
Supera os 1.000 metros de altitude e presenta grandes espazos abertos e amplas zonas de campos, matogueiras e extensas carballeiras. Existe unha ruta sinalizada e na súa cima hai un miradoiro cunha panorámica do municipio de Silleda.
-
Ruta duns 15 quilómetros que circula paralela ao leito do río Lérez, con nin máis nin menos 40 pontes, entre as que destacan as pontes da Carballa, Maril ou Gomail, a ponte Vella de Andón ou a ponte do Crego, ademais dun conxunto de 12 muíños abandonados.
ENCLAVES NATURAIS
- Río Ulla
O río Ulla, con 132 quilómetros, é o terceiro río galego de maior lonxitude. É un camiño de auga cun alto valor paisaxístico: amieiros, salgueiros, bidueiros, carballos, loureiros e algún castiñeiro bordean o seu leito, que discorre tranquilo, con algunhas zonas de rápidos, ata alcanzar o magnífico esteiro na ría de Arousa.
[+] INFO - Aldea de Grovas
Situada na serra do Candán e na garganta do río Grovas, nun contexto illado, está conformada por casas tradicionais. Foi unha aldea mineira dedicada á extracción de estaño e á venda de carbón de carballo. Abandonouse no ano 1969.