11.SABOREA AS COMARCAS DE TABEIRÓS-TERRA DE MONTES E PONTEVEDRA
O CAMPO, UN MUNDO DE RIQUEZAS
O CAMPO, UN MUNDO DE RIQUEZAS
Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.
Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.
- Día 1:
-
CERDEDO-COTOBADE E FORCAREI
-
Festa que promociona a cultura e a tradición do petote, un produto singular do Cocido de Entroido que consiste nun bolo de fariña de trigo e millo que se coce co cocido e que se serve cortado en rebandas.
-
Situada en Viascón, é un museo de referencia da música tradicional galega especializado na gaita de fol. Tamén exhibe outros instrumentos musicais tradicionais e fotografías antigas. Presenta a Ricardo Portela, un dos gaiteiros máis coñecidos de Galicia.
Cita previa
-
É un dos conxuntos de hórreos máis coñecidos de Galicia que, co nome de Eira Grande, reúne ata 12 ao redor dunha gran praza, xunto á Eira do Pallal, onde os campesiños trillaban o centeo e desfollaban o millo. Os hórreos, construídos en pedra e madeira e con cuberta a dúas augas, foron rehabilitados.
-
Bosque de carballos centenarios e soutos de castiñeiros envoltos dunha vexetación frondosa de fentos, enredadeiras e brións. Consérvase unha ermida dedicada a san Xusto, na que cada agosto se celebra unha romaría. Desde alí pódese acceder aos baños termais de San Xusto, con augas sulfuro-fluoradas.
-
Agrupa 21 hórreos ao redor dun cruceiro e á ermida da Virxe dos Remedios, no medio de terras de cultivos e casas de aldea.
-
Ten lugar a primeira fin de semana de decembro. Degústase nos restaurantes París, Victoria e Florida e no bar Gran Sol.
-
Situado nunha antiga vivenda de arquitectura tradicional, mostra o mundo rural da comarca entre finais do século XIX e a década de 1970: a gandería, a agricultura e os oficios tradicionais acompáñanse doutros aspectos como a vivenda, a alimentación, a infancia, as tarefas tradicionalmente femininas e masculinas e o fenómeno do éxodo rural e a emigración.
Visita con cita previa
Pechado temporalmente por obras
-
Están situadas a 800 metros de altitude, datan do século XVII e están vinculadas ao mosteiro de Aciveiro. Trátase de dúas grandes pozas de gran capacidade nas que se almacenaba e conservaba o xeo para a conservación dos alimentos. Tamén subsiste a casa do neveiro, que era o responsable da explotación. Desde as neveiras existe una senda que nos leva ata a aldea de Grovas.
-
-
- Día 2:
-
FORCAREI
-
Supera os 1.000 metros de altitude e presenta grandes espazos abertos e amplas zonas de campos, matogueiras e extensas carballeiras. Existe unha ruta sinalizada e na súa cima hai un miradoiro cunha panorámica do municipio de Silleda.
-
Está situado preto do nacemento do río Lérez e foi fundado por unha comunidade de doce monxes no ano 1135, aínda que pronto chegaron a ser máis de 100 relixiosos. A igrexa é un dos exemplos do románico galego aínda que a fachada orixinal foi reconstruída no século XVIII. Unha das actividades que realizaban os monxes foi o comercio de xeo, procedente das neveiras da serra do Candán. A Asociación de Amigos do Mosteiro ten un perfil en Facebook desde o que informa de actividades, visitas guiadas, exposicións etc.
-
Ruta duns 15 quilómetros que circula paralela ao leito do río Lérez, con nin máis nin menos 40 pontes, entre as que destacan as pontes da Carballa, Maril ou Gomail, a ponte Vella de Andón ou a ponte do Crego, ademais dun conxunto de 12 muíños abandonados.
-
A Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) é a encargada de xestionar o observatorio, destinado a fins científicos, didácticos e divulgativos.
-
Situada na serra do Candán e na garganta do río Grovas, nun contexto illado, está conformada por casas tradicionais. Foi unha aldea mineira dedicada á extracción de estaño e á venda de carbón de carballo. Abandonouse no ano 1969.
-
-
- Día 3:
-
FORCAREI E A ESTRADA
-
Nace en Aciveiro (Forcarei) e o seu leito, de gran beleza, debuxa camiños de arrieiros cheos de historia. Na zona de Moraña o río baixa con forza para acougar en Ribadumia e rodearse de cepas de albariño. Chega ao seu fin na ría de Arousa, no espazo protexido da lagoa de Bodeira e nos humidais do Vao e Punta Carreirón.
-
cun alto valor paisaxístico: amieiros, salgueiros, bidueiros, carballos, loureiros e algún castiñeiro bordean o seu leito, que discorre tranquilo, con algunhas zonas de rápidos, ata alcanzar o magnífico esteiro na ría de Arousa.
-
En Sabucedo mantense unha das tradicións máis singulares de Galicia e que expresa a forza simbólica do cabalo. A festa, que ten lugar en xullo, consiste en baixar as mandas de cabalos que viven libres no monte de Montouto e agrupalas nun recinto pechado, onde as e os aloitadores se enfrontan aos cabalos ata conseguir inmobilizalos e cortarlles as crinas.
-
Situado no antigo matadoiro municipal, edificado a partir de 1924, este museo mostra a vida tradicional na Estrada. Os obxectos expostos evocan os traballos no campo, os oficios tradicionais e a vida cotiá. A reprodución dunha aula dunha escola de principios do século XX e a colección de xoguetes tradicionais rememoran a infancia no ámbito rural.
Cita previa
Pechado temporalmente por obras, pode visitar o Museo en www.museo.aestrada.com
-
Para a promoción desta bebida organízase unha feira na que se serve a sidra ecolóxica da Estrada e doutras zonas produtoras. Póderás degustar este producto nos seguintes establecementos:
Sidrería Ribela
Trabadela, 12, Santa Mariña de Ribela, A Estrada
+34 655 112 386
Sidrería Peroja
Lugar Outeiro, 11, Agar, 36685 A Estrada
+34 986 588 131 / +34 669 880 542
Sidrería Camino
Lugar de Moreira, s/n, 36688 A Estrada
+34 629 585 711
-
Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en maio e na que a degustación do salmón, cociñado tanto á maneira tradicional como con receitas innovadoras, é a protagonista. O evento acompáñase de actividades lúdicas e festivas.
-
Predio señorial do século XIII, aínda que a maioría dos edificios que se conservan son de estilo barroco e do século XVIII. Ten un amplo xardín, unha horta, unha igrexa dedicada a san Antonio de Padua e varias casas para os xornaleiros. A propiedade explotaba o contorno agroforestal da Fraga da Pechada, a Carballeira de Ouriles e os prados de Subatán e Badoucos. A calidade dos xardíns fixo que gañase o nome de versalles galego.
-
Trátase dunha zona LIC, a paraxe está preto da serra do Candán, onde nacen moitos dos pequenos leitos que alimentan os ríos Ulla y Umia. Nos seus arredores está a Lagoa Sacra de Olives, que se suma ao atractivo deste hábitat singular que constitúe, ademais, a mellor representación de turbeiras ácidas de toda Galicia. Este ecosistema único e singular, que no ano 2001 se incluía na Rede Natura, remóntase á época do Neolítico.
-
-