02.SABOREA A COMARCA DO CONDADO
TERRA DE FRONTEIRAS, AUGA E HISTORIA
TERRA DE FRONTEIRAS, AUGA E HISTORIA
Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.
Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.
- Día 1:
-
SALVATERA DE MIÑO E AS NEVES
-
Situado no castelo de Salvaterra, difunde a tradición vitivinícola galega, en especial da D. O. Rías Baixas.
-
Construción orixinaria da Idade Media, este recinto amurallado con distintas dependencias constitúe unha envexable atalaia sobre o río Miño.
-
Están situadas nunha ampla paraxe natural, contan con varias pozas termais ao aire libre. Recuperáronse unhas antigas termas recoñecidas polas propiedades curativas do manancial de Teáns.
-
Descubre o patrimonio natural, histórico e arquitectónico da parroquia de Taboexa.
-
Unha paisaxe salpicada de afloramentos de granito onde os homes e as mulleres do Neolítico e da Idade do Bronce expresaron as súas crenzas e, probablemente, marcaron o seu territorio, mediante o gravado de figuras zoomorfas, espirais ou motivos reticulares.
-
A situación deste castro fai que sexa visible desde calquera punto do val do río Tea, e ten por ese motivo unha grande visibilidade sobre a zona circundante. Ademais desta importancia estratéxica fixéronse neste castro importantes descubrimentos de materiais, entre os que destacan algunhas figuras de bronce romanas.
-
É probable que as pesqueiras ou pescos que hai na beira do río Miño sexan de época romana. Conforman un patrimonio único que se segue utilizando e que consiste en construcións de pedra en forma de paralelepípedos que provocan correntes e facilitan a captura de distintas especies de peixes de río, fundamentalmente o salmón, a lamprea e a zamborca. Existe unha ruta sinalizada que percorre un pequeno tramo do río Miño con pesqueiras.
-
Festa de Interese Turístico de Galicia con máis de medio século de tradición, que ten lugar no mes de agosto e na que os viños de Salvaterra de Miño se acompañan da degustación doutros produtos da zona.
-
- Poderás desgustar os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona do Condado do Tea en:
-
Lugar da Muguiña, Arantei, 36458 Salvaterra de Miño
-
Porto de abaixo, 10, 36453 Salvaterra de Miño
-
Bouza do Rato, s/n, 36449 As Neves
-
Festa gastronómica dedicada ao viño espumoso, unha produción singular elaborada maioritariamente con uva albariña e que pertence á Denominación de Orixe Rías Baixas. Ten lugar na primeira fin de semana de decembro.
-
Festa de Interese Turístico de Galicia, que ten lugar no mes de marzo, dedicada a unha sobremesa de longa tradición nesta localidade. A súa orixe sitúase no século XII e crese que era o alimento que se lle daba aos peregrios.
-
-
- Día 2:
-
PONTEAREAS, MONDARIZ E MONDARIZ-BALNEARIO
-
Situado nunha antiga fábrica de curtidos, ofrece un percorrido pola historia da comarca, dá a coñecer os fillos ilustres do municipio, mostra a obra artística de autores locais e pon en valor a festividade de Corpus Christi, moi arraigada en Ponteareas.
-
Desde a cima, a 387 metros de altitude, obtense unha vista panorámica do val do río Tea e do castelo de Sobroso. Onde anteriormente había un castelo medieval levántase unha gran cruz que marca o final dun Vía Crucis.
-
Situado na cima do monte Landín, a súa orixe sitúase no século XII aínda que foi reconstruído no século XIV como unha das fortificaciones máis impoñentes de Galicia.
-
Afloramientos graníticos con petróglifos, realizados hai 4.000 anos, con deseños cruciformes, zoomorfos, círculos concéntricos, figuras humanas…
-
Poboado da Idade do Ferro protexido por unha sólida muralla, un singular torreón, un foso escavado na roca e varios parapetos. No seu interior recuperáronse máis de 30 vivendas. Consérvase un petróglifo que representa unha serpe e que a tradición popular denomina Serpe de Troña.
-
O Balneario de Mondariz conta cun atractivo campo de golf de 18 buracos cun percorrido divertido e esixente, integrado nun contorno natural e que é todo un referente entre os campos de golf de Galicia.
-
Xa en época romana eran coñecidas as propiedades das fontes do lugar e no século XIX foron descubertas polo Dr. Peinador Vela, que construíu un dos balnearios de España de máis prestixio. Tamén innovou na comercialización de auga mineral envasada.
-
As rosquillas de Ponteareas son un dos produtos gastronómicos con maior reputación da localidade. Habitualmente son de follado e moi crocantes.
-
-