12.SABOREA A COMARCA DE DEZA
TERRAS DO INTERIOR
TERRAS DO INTERIOR
Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.
Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.
- Día 1:
-
LALÍN E SILLEDA
-
Museo que difunde a vida rural en Galicia, desde os traballos no campo ata os oficios tradicionais.
-
Tamén chamada carballeira de Quiroga, é un espectacular bosque de carballos e castiñeiros que alcanzan os 30 metros de altura.
-
Ten lugar o domingo anterior ao domingo de Entroido e está considerada Festa de Interese Turístico Nacional. Os seus principais atractivos son o cocido e os produtos derivados do porco.
-
Festa de exaltación e degustación do xamón curado ou asado acompañado de pan e viño que ten lugar o 14 de agosto na parroquia lalinense de Bermés.
-
Situado nun edificio do século XIX, o museo mostra a residencia do sacerdote e científico, que instalou o primeiro observatorio astronómico en Galicia.
-
Exposición que mostra a cultura castrexa, as súas lendas e os valores da dieta atlántica, así como as peculiaridades da gastronomía e das festividades da comarca.
-
A máis de 1.000 metros de altitude, unha ruta sinalizada percorre grandes espazos abertos e extensas carballeiras. Na súa cima, un miradoiro ofrece unha espléndida panorámica do municipio de Silleda.
-
-
- Día 2:
-
LALÍN, RODEIRO Y DOZÓN
-
Fundado por Álvaro Núñez Taboada no século XVII, Emilia Pardo Bazán pasou longas tempadas neste pazo, no que destaca a súa balconada, aínda que tamén a capela, as casas para o servizo, dous fornos, un alpendre, un hórreo e un pombal.
-
Agradable contorno paisaxístico do río Asneiro, na parroquia de Vilanova, xunto a un conxunto de muíños de auga. Dispón de mesas e un alpendre para grellas.
-
Narra a historia do municipio a través de obxectos arqueolóxicos, elementos da vida tradicional e da obra pictórica de José Luis Vázquez.
Cita previa
Pechado temporalmente por obras
-
Pertencente á orde benedictina, é unha construción do Románico tardío (séculos XII-XIII). A fachada é dunha gran sobriedade e no interior aprécianse detalles construtivos e unha cuberta de madeira.
-
Conxunto de construcións do século XVIII que, desde a súa orixe, acollen feiras e mercados. A feira na Gouxa ten lugar os días 11 e 23 de cada mes, nela pódese degustar carne ao caldeiro e polbo.
-
-
- Día 3:
-
SILLEDA, VILA DE CRUCES E AGOLADA
-
É un espazo de alto valor paisaxístico cunha gran fervenza, a máis alta de Galicia.
-
Fundado no ano 939 sobre unha antiga ermida, desde as súas orixes o mosteiro recibiu importantes reliquias e estivo baixo a protección dos reis astures e leoneses.
-
É un exemplo de patrimonio industrial que acolle un museo dedicado á explotación das minas de wolframio, especialmente durante os conflitos bélicos do século XX.
Cita previa
-
Espazo natural característico do bosque atlántico con influencias mediterráneas. Pódense percorrer desde bosques de carballos e sobreiras e bosques de ribeira no leito do río Arnego ata unha praia fluvial en Ponte Vilariño.
-
Construcións que serviron de mercado e punto de encontro, datadas no século XVIII, exemplo de arquitectura tradicional e popular e inscritas como Patrimonio Inmaterial da UNESCO.
-
Esta Festa de Interese Turístico de Galicia, que ten lugar en agosto, é un dos eventos gastronómicos máis concorridos da comarca de Deza.
-
Esta Festa de Interese Turístico de Galicia ten lugar no mes de agosto e inclúe un concurso de empanadas, coas categorías de restaurantes e amas de casa.
-
Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en maio. É unha cita gastronómica na que se degusta este famoso produto xunto con actividades musicais e culturais.
-
-