12

12.SABOREA A COMARCA DE DEZA

TERRAS DO INTERIOR

TERRAS DO INTERIOR

Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.

Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.

  • Día 1:
    • LALÍN E SILLEDA

      • Museo que difunde a vida rural en Galicia, desde os traballos no campo ata os oficios tradicionais.

      • Tamén chamada carballeira de Quiroga, é un espectacular bosque de carballos e castiñeiros que alcanzan os 30 metros de altura.

      • Ten lugar o domingo anterior ao domingo de Entroido e está considerada Festa de Interese Turístico Nacional. Os seus principais atractivos son o cocido e os produtos derivados do porco.

      • Festa de exaltación e degustación do xamón curado ou asado acompañado de pan e viño que ten lugar o 14 de agosto na parroquia lalinense de Bermés.

      • Situado nun edificio do século XIX, o museo mostra a residencia do sacerdote e científico, que instalou o primeiro observatorio astronómico en Galicia.

      • Exposición que mostra a cultura castrexa, as súas lendas e os valores da dieta atlántica, así como as peculiaridades da gastronomía e das festividades da comarca.

      • Fundado por Álvaro Núñez Taboada no século XVII, Emilia Pardo Bazán pasou longas tempadas neste pazo, no que destaca a súa balconada, aínda que tamén a capela, as casas para o servizo, dous fornos, un alpendre, un hórreo e un pombal.

      • A máis de 1.000 metros de altitude, unha ruta sinalizada percorre grandes espazos abertos e extensas carballeiras. Na súa cima, un miradoiro ofrece unha espléndida panorámica do municipio de Silleda.

  • Día 2:
    • RODEIRO, SILLEDA, VILA DE CRUCES Y AGOLADA

      • Narra a historia do municipio a través de obxectos arqueolóxicos, elementos da vida tradicional e da obra pictórica de José Luis Vázquez.
        Cita previa
        Pechado temporalmente por obras

      • É un espazo de alto valor paisaxístico cunha gran fervenza, a máis alta de Galicia.

      • Fundado no ano 939 sobre unha antiga ermida, desde as súas orixes o mosteiro recibiu importantes reliquias e estivo baixo a protección dos reis astures e leoneses.

      • É un exemplo de patrimonio industrial que acolle un museo dedicado á explotación das minas de wolframio, especialmente durante os conflitos bélicos do século XX.
        Cita previa

      • Construcións que serviron de mercado e punto de encontro, datadas no século XVIII, exemplo de arquitectura tradicional e popular e inscritas como Patrimonio Inmaterial da UNESCO.

      • Espazo natural característico do bosque atlántico con influencias mediterráneas. Pódense percorrer desde bosques de carballos e sobreiras e bosques de ribeira no leito do río Arnego ata unha praia fluvial en Ponte Vilariño.

      • Esta Festa de Interese Turístico de Galicia, que ten lugar en agosto, é un dos eventos gastronómicos máis concorridos da comarca de Deza.

      • Esta Festa de Interese Turístico de Galicia ten lugar no mes de agosto e inclúe un concurso de empanadas, coas categorías de restaurantes e amas de casa.

      • Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar en maio. É unha cita gastronómica na que se degusta este famoso produto xunto con actividades musicais e culturais.