Cruzando camiños
Buscador

Etapa 4. Illa da Toxa-Cambados

19 km

Este tramo da ruta rodea o complexo intermareal Umia-O Grove, unha enseada declarada Zona Húmida de Importancia Internacional. Abarca todo o estuario do Umia ata Cambados, berce do albariño, cualificado polo escritor Álvaro Cunqueiro como o príncipe dos viños galegos.

Desta enseada proceden as salinas que deron nome á comarca do Salnés. A auga circula a través da canle que forma A Illa da Toxa. O ecosistema é elixido por unha gran diversidade de aves para invernar e deterse nas súas migracións. Garzas reais, patos e pilros son algunhas das especies que podemos ver no espazo natural.

Isla de A Toxa
Isla da Toxa - Capilla

Cambados é terra de viños e posúe un espléndido centro histórico declarado Ben de Interese Cultural. O municipio é o resultado da unión de tres vilas: Fefiñáns, de marcado carácter nobre; Cambados, con fermosas prazas e as ruínas de Santa Mariña; e Santo Tomé, a zona mariñeira.

A praza de Fefiñáns, anteriormente coñecida como a praza do mercado, é un fermoso conxunto arquitectónico composto polo pazo, o arco-ponte, a atalaia Torre da Homenaxe e a igrexa de San Bieito.

Plaza Fefinans
Torre San Saturnino

O pazo de Torrado (século XVIII), que se utiliza como sala de exposicións temporais municipais, e o de Bazán (século VII), que alberga o Parador Nacional de Turismo da localidade, destacan pola súa historia e valor patrimonial. A praza das Rodas é o lugar ideal para petiscar e tomar unha copa de albariño.

Cambados, capital do cultivo e produción deste afamado viño, un dos mellores brancos do mundo, foi distinguida como Cidade Europea do Viño 2017, o que engade outro motivo de peso para visitala. A gastronomía é un dos grandes atractivos da localidade, que ofrece os mellores peixes e mariscos.