06

06.SABOREA VIGO

UN MAR DE HISTORIAS

UN MAR DE HISTORIAS

Propoñémosche unha ruta a medida para que goces duns días inesquecibles nas Rías Baixas.

Os museos imprescindibles, os enclaves naturais e patrimoniais das principais poboacións e a gastronomía que non podes perder.

  • Día 1:
    • VIGO

      • Baixo petición e para grupos ofrécese a posibilidade de visitar a lonxa de Vigo e seguir en directo a poxa de peixe fresco.

      • Iniciativa da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos para difundir a importancia e a evolución dun dos sectores empresariais con máis historia de Galicia: o sector da conserva, unha industria pioneira na que a sardiña é a protagonista.

      • É a vila costeira de época romana máis importante do noroeste peninsular, que, situada nun pequeno cabo fronte á illa de Toralla, se dedicou principalmente á explotación dos recursos mariños. Descubríronse unha área de traballo, unha residencia e un complexo termal. Divulga a actividade na vila e mostra os obxectos arqueolóxicos recuperados.

      • Situado nunha antiga fábrica conserveira, mostra a bioloxía e os ecosistemas mariños a través dun acuario e presenta a explotación e a transformación dos recursos mariños e pesqueiros. No interior do museo consérvanse os restos do castro da Punta do Muíño do Vento.

      • Barrio de tradición mariñeira onde en orixe se situaban os varadoiros e os almacéns para gardar as embarcacións ou os apeiros de pesca. Posteriormente ocupárono casas de mariñeiros. Nas pequenas prazas e soportais outrora realizábanse os labores relacionados coa pesca.

      • Situado no centro histórico de Vigo, expón os valores naturais e culturais das illas atlánticas. Os ecosistemas, a biodiversidade ou a pesca tradicional son algunhas das temáticas tratadas. islas atlánticas. Los ecosistemas, la biodiversidad o la pesca tradicional son algunas de las temáticas tratadas.

      • Como o seu nome indica, na rúa das ostras diversos establecementos ofrecen este molusco ao natural.

  • Día 2:
    • VIGO, REDONDELA E SOUTOMAIOR

      A elixir:
      Opción 1: Un día enteiro en...
      • O parque está formado por máis de 8.480 hectáreas, das cales 7.285 son mariñas e o resto terrestres. Está composto por catro arquipélagos: Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes, que actúan de barreira natural das rías ante o océano e nos que se conserva unha biodiversidade terrestre e mariña de alto valor natural.

      • O arquipélago de Cíes, situado na boca da ría de Vigo, está formado por tres illas montañosas de gran valor ecolóxico: Monteagudo, O Faro e San Martiño. Representa un excelente observatorio de fauna e flora.

      • Desde a estación marítima da ría de Vigo existen diversas opcións para realizar un paseo en barco e visitar as illas Cíes ou as localidades mariñeiras do outro lado da ría, coma Moaña ou Cangas, no Morrazo.

    • Opción 2: Visitando os seguintes recursos…
      • É a única salina mariña de evaporación solar de época romana conservada e musealizada en Galicia. Trátase dunha importante factoría, con cubetas moi ben conservadas, que abasteceu de sal as industrias da salgadura. O centro mostra obxectos relacionados e explica o proceso de obtención de sal.

      • Festa de Interese Turístico de Galicia que ten lugar durante a primeira fin de semana de abril, con degustacións de ostras ao natural, en empanada ou en escabeche.

      • Montículo que, preto do río Verdugo, ofrece un dominio visual excepcional da entrada da ría de Vigo, das súas ribeiras e mesmo das illas Cíes. Acháronse a necrópole megalítica de Cortello dos Mouros e a Mámoa do Rei. Foi ocupado por un castro da Idade do Ferro e, no ano 1477, o bispo de Santiago, Alonso Fonseca, construíu un castelo. Posteriormente, na súa cima construíuse unha ermida dedicada á virxe da Peneda.

      • Edificado no século XII, foi ampliado no século XV e remodelado como residencia no século XIX. É unha das fortificaciones mellor conservadas de Galicia e durante a visita descóbrese a historia da fortaleza e das apaixonantes vidas dalgúns dos personaxes que o habitaron, como Pedro Madruga, o marqués de La Vega de Armijo ou María Vinyals. Está rodeado por un xardín que en 2012 obtivo o recoñecemento de Xardín de Excelencia Internacional da Camelia.