Ir o contido principal
INSPÍRATE

Rías Baixas en familia: rutas para nenos con RíasBaixasGo

RíasBaixasGO é unha app móbil pensada para que desfrutes aínda máis da túa visita ás Rías Baixas, convertendo cada ruta nunha auténtica aventura. Grazas á xeolocalización, á realidade aumentada e a un divertido sistema de xogo, esta aplicación ofréceche unha maneira diferente de coñecer o patrimonio cultural e natural da provincia.

Descarga a app aquí.

Rutas en familia

A aplicación conta cun apartado específico para desfrutarcos máis pequenos camiñando e descubrindo as Rías Baixas, deseñado para converter cada paseo nunha aventura en familia. A través de rutas adaptadas e actividades interactivas, os nenos e nenas poderán aprender sobre a natureza, a historia e as lendas da zona mentres se divirten ao aire libre.

Cambia puntos por premios

Con RíasBaixasGO poderás descubrir lugares únicos seguindo itinerarios especialmente pensados para ti. Ao longo do camiño, irás atopando obxectos virtuais que che achegarán información curiosa e útil sobre cada punto de interese. E non estarás só! Batea, a nosa simpática mascota, acompañarate para que non perdas detalle.

 

Ademais, a app inclúe un apartado social no que poderás gañar puntos ao completar retos, comparar os teus logros con outros viaxeiros e compartir a túa experiencia. Só tes que activar a cámara do móbil e comezará a maxia: obxectos que aparecen na pantalla como se estivesen realmente alí, marcando a túa ruta e facendo que cada parada sexa especial.

Non o penses dúas veces e descarga xa RíasBaixasGO!

logo Rías Baixas Go
Desplegable