Ir o contido principal

Balneario de Mondariz

Ciudad máis próxima:

Vigo

Máis información

Av. Enrique Peinador,s/n (Nosa Señora de Lurdes)
36890 Mondariz-Balneario Pontevedra
España

Teléfono
A vila termal do Balneario de Mondariz está formada por varios edificios que ofertan unha gran variedade de servizos. Destaca a construción histórica do Gran Hotel, obra de Jenaro de la Fuente, xunto cos seus xardíns, ambos restaurados recentemente. Tamén se deben mencionar o antigo Hotel Sanatorio, proxecto non rematado de Antonio Palacios, onde se levantou o hotel; a estatua de Peinador; e as fontes termais de Troncoso, á que se accede por un paseo polo Tea, e a da Gándara, sobre a que Palacios levantou un pavillón de granito pulido. Finalmente, elementos como o campo de golf, o Museo Municipal da Auga ou o Pazo da Auga, unha nova aposta termolúdica, conforman este gran espazo de lecer.   O Balneario viviu momentos de gran esplendor, recibindo a visita de personaxes ilustres e selectos da cultura, do pensamento e da política da época: Castelao, a raíña Isabel de Portugal ou Emilia Pardo Bazán. Posuían imprenta propia coa que lanzaban o semanario La Temporada e a revista Mondariz. Incluso tiñan moeda propia, o Peinador. A Guerra Civil paralizou a vida do lugar, e un incendio en 1973 rematou unha época dourada, hoxe totalmente recuperada e adaptada ao novo século. A área termal de Balneario de Mondaríz, que arrastra unha tradición de máis de un século, é a día de hoxe un centro dotado das máis modernas técnicas de aplicación de augas mineromedicinais, ideais para tratamentos de saúde, beleza e relax. Un balneario á carta onde ten á súa disposición un servizo profesional e persoalizado baixo a direción do equipo médico
Máis información
Valora este recurso
Lingua
Gallego
Español
Portugués
Inglés
Francés
Aparcamento
Si. Pagar
Referencia histórica
Fue el pionero en el termalismo gallego y un referente en las principales villas termales europeas. Hoy es el mayor centro termal de Galicia y mezcla el termalismo tradicional con técnicas actuales.
Tipo de auga
Bicarbonatado
Carbogases
Calcycas
Ferruginoso
Temperatura da auga (9)
17,5 - 18ºC
Indicacións
Condicións dermatolóxicas
sistema circulatorio
sistema respiratorio
tratamentos antiestrés
Técnicas Térmicas
baño celta
baño termal
baño de burbullas
baño de vapor
leitos de auga
camas masaxe
circuíto térmico
chorros de presión
chorros de vapor
contracorrentes
sobres
estética facial e corporal
sauna
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Piscina
auga térmica
Programas
beleza ou estética