Castro de Troña
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vigo
Lugar de Pías (Santa Mariña)
36895 Ponteareas Pontevedra
España
Teléfono
Recinto amurallado con forma oval que presenta amplas terrazas na pendente oeste e ancho foso excavado na pedra polo nacente. Posiblemente este castro estivo habitado moitos séculos antes, pero os restos das edificacións conservadas datan de pouco máis de seiscentos antos antes de Cristo, debido ó comezo do uso da pedra como material de construcción nesta época. Como moitos asentamentos castrexos de Galicia, o Castro de Troña tivo o seu esplendor hacia os séculos I a.C. e II d.C.
Os eixes principais deste castro miden aproximadamente 200 m en dirección este-oeste e 150 en dirección sur-norte.
Posúe un complexo sistema defensivo composto por muralla, foso e parapetos. O grosor destas murallas é entre 5,5m e 1,5 e a súa altura varía entre 2 e 5m.
Cabe destacar o torreon que posúe a primeira muralla na súa parte este, un dos poucos exemplares que se coñecen deste tipo no noroeste peninsular. No nacemento do castro existe un fondo foso de 18 m de altura e 10 m de ancho. Está excavado en rocha e actualmente pasa por él a estrada de acceso ó castro. Completan este sistema defensivo dous parapetos formados en pedra e terra, que protexen o castro polo seu lado noreste, ten unhas medidas reducidas: 6m de lonxitude e 3m de altura.
No Castro de Troña atopamos ó redor de 30 construcións excavadas. Son de variada tipoloxía puidendo observaro construcións de planta circular, elíptica, cadrada e rectagular. Cabe destacar o importante petroglifo que presenta unha serpe en posición heráldica, Serpe de Troña, que se atopa gravado na cara vertical dunha rocha que forma parte dunha construción castrense
Valora este recurso
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Asignación/Tipoloxía
Castro, asentamiento fortificado
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Localización depósito
Museo Provincial y Museo de Ponteareas
Corpo responsable
Concello de Ponteareas
Propiedade
Mixto
Grao de alteración
Baixo
Causas de destrución/alteración
Actividad forestal, agrícola, pistas y carreteras. Construcciones varias
Estado conservación
Ben