Ir o contido principal

Conxunto histórico-artístico de Vigo

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Vigo

Vigo Pontevedra
España

Teléfono

Esta é a historia de como un vicus ou aldea se converte na maior cidade galega. Todo grazas a un proceso acelerado de industrialización, despunte pesqueiro e movementos de poboación cara á costa. O monte do Castro e a punta da Laxe teñen como época chave o século xvi, no que se deron procesos de construción e deconstrución por mor das invasións, saqueos e incendios, dos gromos de peste e da perda de poboación. Un século máis tarde constrúese a desexada fortificación, pero, para levantar as murallas, derrubáronse outras edificacións co fin de delimitar o espazo. O percorrido monumental máis interesante parte da praza Porta do Sol, pero antes de chegar a ela atopámonos coa arquitectura eclecticista das rúas Urzáiz, Colón, O Príncipe, Areal ou Policarpo Sanz. Só un exemplo da grandeza arquitectónica son o Edificio Bonín ou o Teatro García Barbón, dos arquitectos Jenaro de la Fuente e Antonio Palacios, respectivamente, que, entre outros, realizan grandes obras en pedra no ensanche vigués a principios do século pasado. Na praza da Constitución, emprazamento do antigo concello, podemos gozar da zona vella, ao achegarnos á rúa dos cesteiros. Moi preto atópase a concatedral de Santa María, de sobriedade neoclásica, e cara á ribeira está o barrio do Berbés, coas súas características casas mariñeiras asoportaladas.

Máis información sobre
Vigo
Valora este recurso

O tempo nesta zona

Figuras de protección
Monumento Histórico-Artístico
Lingua
Gallego
Español
Inglés
Visitas guiadas
Gallego
Español
Inglés
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Corpo responsable
Concello de Vigo
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben