Fortaleza de Monterreal
Ciudad máis próxima:
Vigo
Jesús Valverde, s/n
36300 Baiona Pontevedra
España
Teléfono
Data do s. XIV, metade fortaleza medieval, metade Pazo galego. Posúe unha extensión de 180.000 m² de superficie e 3 quilómetros de muralla dos séculos XI e XVII.
No s. XVIII foi residencia privada do Conde de Gondomar, ata que en 1963 foi adquirido polo Ministerio de Información y Turismo para instalar o Parador Nacional de Turismo Conde de Gondomar.
Actualmente, a muralla mantén as tres torres dende as que se podía vixiar a fortaleza. Á entrada está a Torre do Reló, que agachaba unha campá que servía para dar alarma en caso de ataque inimigo. Ó este érguese a Torre da Tenaza, co cometido de defender o porto mediante unhas baterías de tiro e, na parte máis oriental da fortaleza, sobre a bahía, está a Torre do Príncipe, a máis antiga, que actuaba como faro para os navíos. Éste última ten tres escudos: dos Austrias, dos Sotomaior e o da vila de Baiona, e debe o seu nome a que nela estivo preso o príncipe portugués Alfonso Enriques en 1137, preso de Alfonso VII.
Unha escaleira de caracol conduce á terraza e unha estilizada torre, de pranta circular, vai adosada a un dos ángulos. Sobre a porta de ingreso está o escudo de España flanqueado entre outros
Valora este recurso

O tempo nesta zona
Lingua
Gallego
Español
Inglés
Estilo arquitectónico
Medieval
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Con vistas panorámicas
Dimensións
180.000 m²
Corpo responsable
Paradores de Turismo de España
Propiedade
Privado
Estado conservación
Ben