Ir o contido principal

Monasterio de San Juan de Poio

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Poio

Pza. del Convento, 2, Poio (San Xoán)
36995 Poio Pontevedra
España

O primeiro documento relativo ó mosteiro data do ano 942, e a súa fundación atribúeselle a San Fructuoso, baixo a Orde Benedictina. Entre os anos 1548 e 1556 albergou o Colexio Maior de Teoloxía, por privilexio de Carlos V, onde impartiu clase o Padre Feijóo. No ano 1835 o Mosteiro de Poio foi abandoado pola Orde Benedictina cumprindo ordes de exclaustración e no ano 1890 fixéronse cargo do Mosteiro os relixiosos Mercedarios. Conta con dous claustros, un renacentista con bóveda de crucería e unha fonte barroca no xardín, coñecido coma o Claustro das Procesións, construido no século XVI e outro barroco cuberto dun mosaico de 200 m2 que representa o Camiño Francés de Santiago, coñecido como o Claustro dos Naranxos, construido entre 1747 e 1749. Na construcción da igrexa entremézclanse estilos do renacemento e do barroco, na que destaca o retablo de Altar Maior, realizado no ano 1735, onde se mostran imaxes de mercedarios, a Virxe da Mercé e de San Xoan Bautista, patrono do convento. O retablo da capela do Cristo, atópase sobre a antiga sacristía, onde se atopa a tumba suevo-visigoda de Santa Trahamunda. Na horta do Mosteiro atópase o piorno de maior capacidade de Galicia
Máis información sobre
Poio
Valora este recurso
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Aparcamento
Si. Libre
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
S. X (año 942)
Corpo responsable
Orden de la Merced
Estado conservación
Ben
Outros servizos
Museo, Hospedería