Playa fluvial de Vilarello
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Cordeiro (Santa Comba)
36647 Valga Pontevedra
España
Teléfono
Esta paraxe permite achegarse ó río Ulla xa preto da desembocadura, onde o río se mostra tranquilo, canso. Aproveita para depositar algúns dos sedimentos que transporta ó longo do seu percorrido, dando orixe a depósitos aluviais a modo de illas no medio do río e a pequenas praias nas súas marxes. Área próxima ás marismas do Ulla, a flora e a fauna deste particular hábitat constitúen ecosistemas de gran valor ecolóxico: as brañas, as veigas e os xuncos converten a desembocadura do Ulla nunha zona de Interese natural incluída na Rede Natura 2000 baixo o epígrafe de Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Sistema fluvial Ulla-Deza. O acondicionamento e instalacións da zona convértena nunha área recreativa de lecer para os visitantes, con cafetería, zona de grellas e mesas, un parque infantil, zona de baño, grandes extensións de céspede e mesmo un auditorio ó aire libre. Conta con servizo de socorrismo en tempada
Valora este recurso

O tempo nesta zona
Figuras de protección
Área Protexida Rede Natura 2000 - Lugar de Importancia Comunitaria (SCI)
Corpo responsable
Concello de Valga
Dimensións
1,5 ha.
Tipoloxía
Fluvial
Condicións
Copa succión
Clasificación sanitaria das augas
Suficiente
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Taxa ocupación
Baixo
Usar
Turístico
Composición
Area
Tipo de ondas
Augas tranquilas
Estado conservación
Ben